“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

07 Xaneiro 2026

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de Estados Unidos non me deixa tranquilo. Dá a sensación de que estamos a regresar a unha época na que as regras importan pouco e o único que conta é quen ten máis poder.

Trump non actúa como un presidente que busca acordos. Actúa como alguén que ordena. Non dialoga, impón. Para el, os tratados internacionais, a ONU ou calquera norma común parecen ser un estorbo. A súa mensaxe é claro e directa: Estados Unidos decide e os demais adáptanse. E se non o fan, haberá consecuencias.

O ocorrido en Venezuela é un sinal que non debería pasar desapercibido. Un país intervido militarmente, o seu presidente detido e trasladado a outro Estado coma se as fronteiras non existisen. Non se trata de simpatías políticas nin de defender a uns ou outros. Trátase de algo máis básico: se isto se acepta como normal, mañá pode ocorrerlle a calquera outro país. Sempre haberá unha escusa distinta, xa sexa o narcotráfico, o terrorismo, a seguridade ou a influencia de potencias estranxeiras.

Trump di que loita contra as drogas, pero desprega portaavións, bombardeiros e miles de soldados. Calquera cun pouco de sentido común sabe que ese despregamento non é para perseguir delincuentes. É unha demostración de forza. É unha mensaxe ao mundo: “Mirade ata onde podemos chegar”. Cando se chega a ese punto, o diálogo deixa de ser importante e a ameaza pasa a ser a norma.

O filósofo Thomas Hobbes escribiu hai séculos que, cando non existen regras que todos respecten, “o home é un lobo para o home”. Esa frase parece escrita para este momento. Cando as leis internacionais son ignoradas e só manda o máis forte, todos quedamos expostos, especialmente os máis febles.

O máis preocupante é que esta forma de actuar non distingue entre inimigos e aliados. Países que durante décadas foron socios agora viven baixo presión constante. Xa non se lles trata como iguais, senón como subordinados. Ou obedecen ou pagan o prezo. Así, a cooperación desaparece e o medo ocupa o seu lugar.

Trump sabe que Estados Unidos ten o maior orzamento militar do planeta e utilízao como unha ameaza implícita. Non fai falta declarar unha guerra para impoñer respecto. Abonda con que todos saiban do que é capaz. O problema é que ese modo de actuar termina normalizándose e converténdose na maneira habitual de facer política internacional. Quere Trump dominar o mundo? Igual non quere o mundo enteiro, pero desde logo quere mandar coma se fose seu. Non parece interesado en conquistar países un a un, pero si en que todos saber quen leva o bastón. E claro, cando un ten o exército máis grande do planeta, esa forma de falar xa non é fanfarronería, é advertencia.

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.