“Bórtolo”. Xulio Xiz

27 Xaneiro 2026


Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos.

Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos maiores pola forza da palabra, pola liberdade que empuxaba, pola vida que nos levaba.

Alí estaba Jesús López Calaza – Bórtolo era o nome familiar, – que para quen coma min librara da mili por causas de forza maior, saber que controlaba máquinas, potenciómetros, enerxías e emisións porque aprendera no Exército en pacíficos combates, situábao en situación de privilegio dentro daquela factoría de sons.

Bórtolo era como o bo pan do pais. Sempre de bo humor. Non o recordo nunca alterado ou de mal xenio. Era unha fonte de tranquilidade e paz. Mesmo cando algo nos agobiaba, confesaba que para el vir á radio era un relax, porque o verdadeiramente complicado era montar televisores, a súa paixón. Gardo unha serie de traballos que lle publiquei en prensa sobre a TV a cor que chegaría moito tempo despois.

Víámonos de cando en cando. Unha vez cando a súa filla Mónica gañou o Certame de Arte de Begonte. Ben veces camiñando coas nosas parellas (MªJosé e Merce) pola beira do Miño. Sempre, como dicía Manuel María, coa ledicia por bandeira. A última vez, este outono, confesounos sorrinte que tiña un mal dentro, co que estaba loitando. Coñecéndoo, demos por feito que sairia vencedor. Non puido ser. Despedímolo este luns.

Descanse en paz quen paz repartiu entre sorrisos, e encaixaba tan ben naquela definición de don Antonio Machado: ”Era, en el buen sentido de la palabra, bueno”.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.