Boiro recibirá o vindeiro luns 5 de xaneiro a visita das SSMM os Reis Magos de Oriente nunha gran Cabalgata

02 Xaneiro 2026

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis o vindeiro luns día 5 de xaneiro. O alcalde, José Ramón Romero, estivo na presentación da cabalgata xunto con Marcelino Sánchez, membro da organización, e outros membros da organización.

A saída da comitiva real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e chegará á Ppaza de Galicia pola rúa Principal. Na praza de Galicia haberá unha gran recepción ás SSMM os Reis Magos de Oriente, onde todos os nenos e nenas terán oportunidade de pedirlle os regalos de última hora. A comitiva regresará, como de costume, a Escarabote e rematará o percorrido na Agramuíña.

Para garantir a inclusión, a cabalgata contará cun tramo sen ruído e sen luces, que se fará na rúa Principal, no tramo comprendido entre as interseccións coa av. de Compostela e a rúa Salvador Allende.

A comitiva está formada por 8 carrozas, incluídas as do tres Reis Magos, o nacemento e os camelos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros e a charanga Equipo B. “En total participarán unhas 400 persoas contando tamén aos tradicionais personaxes como antorcheiros e espadeiros que cada ano forman parte do desfile”, afirmou Marcelino Sánchez.

Para a recepción das SSMM, na praza de Galicia haberá preparada unha gran festa con chocolatada e animación con DJ Matrek dende as 17.30 horas. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu tanto á organización como o departamento de cultura e as Forzas e Corpos de Seguridade “polo gran traballo que require un día tan máxico como este, pensado para os máis pequenos, e no que Boiro se enche de milleiros de persoas para a visita dos Reis Magos”

Como xa é tradición tamén en Boiro, as Raíñas Magas adiantaranse ás SSMM facendo un percorrido por todas as parroquias de Boiro o domingo 4 de xaneiro. Unha actividade que organiza o grupo de voluntariado Turbina e que comezará en Abanqueiro ás 11.30 horas e irán a Cespón e Bealo, cunha marxe de unha hora en cada sitio, e pola tarde comezarán ás 16.00 horas en Macenda, logo Cures, Escarabote, Cabo de Cruz e finalizará en Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.