Boiro Novo denuncia a tala de árbores do parque da Cachada

22 Xaneiro 2026

A agrupación Boiro Novo, a través seu concelleiro Xurxo Triñanes, emitiu un comunicado no que denuncia a tala de árbores perpetrada no parque da Cachada, coincidindo coa remodelación do edificio da Casa da Cultura. “Este mércores volvemos ser testemuñas dun novo atentado contra o patrimonio paisaxístico e medioambiental do noso concello, trala tala de máis dunha ducia de frondosas de gran porte, que foron suprimidas para facer oco á obra faraónica da nova Casa da Cultura”, criticaron.

Segundo engadiron, o Goberno local faltou á verdade xa que cando anunciaron o proxecto afirmaron que ían “integrar o inmóbel co entorno”, mesmo chegaron a difundir imaxes renderizadas do novo edificio xunto coas arbores, cando agora vemos que fan o contrario”.

E sinalan: “Estamos pois ante unha nova tala indiscriminada que se suma á da praza do Concello, ás do paseo marítimo de Barraña ou ás do Pazo de Goiáns,… Lonxe de integrar nada, as árbores son vistas por este Goberno como un estorbo e non coma un ben a conservar”.

Apuntan tamén que “as infraestruturas e os proxectos deben facerse priorizando o menor impacto ambiental posíbel adecuando a obra ao entorno e non ao revés. Así o fixemos na lexislatura pasada cando tivemos responsabilidades de goberno, deseñando actuacións tentando facer o mínimo impacto ambiental e respectando as arbores existentes. E cando, por motivos técnicos, non foi posíbel manter algunha arbore no mesmo lugar eliximos transplantar antes que talar como por exemplo no tramo de carril bici de A Negral”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...