“Bispos católicos desconfían dos beneficios da regularización dos migrantes en España” – Antón Luaces

30 Xaneiro 2026

Non son todos máis sí varios os bispos españois que critican a iniciativa do Goberno de proceder á regularización extraordinaria de migrantes.

A decisión gobernamental, adoptada polo Executivo o pasado martes, atópase na actualidade co muro de parte da igrexa española que entende que “todos” os migrantes “non caben” en España. E baseándose nesta premisa proclaman “urbi et orbi” a necesidade de que se apliquen “medidas sensatas” fronte a esa regularización extraordinaria (que sería a sétima que se levaría a cabo en España por decisión dun Goberno democrático e teoricamente aconfesional que non se opón a que a igrexa empregue a vía da recadación anual do IRPF para recibir o “óbolo?” dos españois). Os bispos propoñen como aportación que os deputados e senadores debatan no Parlamento esa proposta “cos matices convintes”. 

Os bispos españois que agora se pronuncian en contra da regularización sinalada debían estar no seminario ou exercendo como párrocos nalgunha igrexa cando outros compañeiros seus compaxinaban esta tarefa co exercicio de “cura obreiro” ou profesor de latín en calquera Instituto ou academia de España aos que nunca, con Franco no poder, se lles escoitou unha opinión en relación cos milleiros de migrantes españois que exercían a súa profesión/oficio en Suiza, Cuba,  Alemaña, Francia, Inglaterra, Brasil, Estados Unidos de América, Uruguay, etc., a onde eles, sacerdotes españois, acodían para, como tais curas obreiros, exercer de ambas as cousas: cura e obreiro. 

Preguntarían algunha vez se ese exercicio en Europa ou América amolaba aos traballadores locais ou aos seus compañeiros de igrexa?. Por que nunca, ata o de agora, se escoitou a queixa da igrexa española sobre os efectos dos migrantes españois nos planteis de traballadores dos países receptores de migrantes de España?.

En España “non caben” todos os migrantes -pouco máis de medio millón- que se tenta regularizar polo Goberno de xeito extraordinario nun breve prazo de tempo, sabendo como saben os bispos que, en calquera caso, son migrantes que xa están aquí, que non van disputar un posto de traballo aos españois nen votar a prol de partidos nos vindeiros catro ou cinco anos. Que lles doe neste momento, para saír con tal tipo de propostas?. Acaso temen que lle disputen as innumerábeis parroquias carentes en España de curas párrocos.

Os bispos queren que se apliquen medidas sensatas, non populistas nen demagóxicas e mesmo acusan ao Goberno de “utilizar como moeda de cambio” aos migrantes. 

Os españois migrantes que foron para a igrexa a través da súa organización ou oficina de migración con delegacións en Suíza, Francia, etc.?. 

A Deus o que é de Deus, monseñor?…

Outros artigos

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.