Besteiro fai un chamamento á cidadanía a erguerse este domingo pola sanidade pública

30 Xaneiro 2026

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou este venres 30 de xaneiro que o socialismo galego está a coordinar a súa acción política en todas as institucións para “defender Galicia cunha soa voz”, nun momento político clave xa en perspectiva municipal. Así o sinalou antes da celebración dunha reunión interparlamentaria dos e das socialistas galegos, concibida como “espazo de traballo para aliñar estratexias, prioridades e mensaxes desde o ámbito local ata o europeo”.

Besteiro subliñou que “esa coordinación é esencial para construír unha alternativa sólida e coherente, con continuidade entre o que se defende en Bruxelas, en Madrid e no Parlamento de Galicia, especialmente ante problemas que afectan directamente ao día a día da cidadanía”.

Besteiro afirmou que a sanidade galega “non ten un problema puntual nin conxuntural, senón un problema estrutural de recursos, de xestión e de liderado”. Unha realidade que, segundo explicou, “maniféstase nas listas de espera (360.000 persoas agardando por unha consulta, 50.000 por unha operación) na atención primaria saturada, na falta de profesionais e no esgotamento do persoal sanitario”..

Por iso,animou á cidadanía a participar na manifestación convocada para este domingo, coa previsión de que sexa masiva. “Non se trata dun conflito político, senón de defender un dereito básico: unha sanidade pública e de calidade. Iso concírnenos a todos”, afirmou.

O líder dos socialistas galegos vinculou directamente a situación da sanidade co financiamento e coas prioridades políticas do Goberno galego: “Para que a sanidade funcione fan falta recursos, pero tamén decisións e capacidade de xestión. E hoxe en Galicia non hai nin unha cousa nin a outra”, criticou, referíndose tamén ao memorando asinado entre a Xunta e a multinacional Altri, cuxo contido segue sen aclararse: “É lexítimo preguntarse en que se priorizan os cartos públicos cando a Xunta admite que asinou un memorando á marxe do control administrativo e se nega a dar explicacións”, advertiu. Segundo indicou, “falamos de posíbeis compromisos millonarios, con impacto territorial, ambiental e económico, adoptados sen transparencia. Non se pode crer que algo así se fixese sen coñecemento político ao máis alto nivel”, engadiu.

Por este motivo, reiterou a esixencia de explicacións e a solicitude dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia para esclarecer que se asinou, con que mandato político e con que consecuencias para Galicia. Adiantou que “o PSdeG contactará con outras formacións políticas para sacar adiante este órgano fiscalizador para saber toda a verdade”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.