Aviso laranxa no litoral galego ante a chegada da borrasca Ingrid, con vento, chuvia e neve

22 Xaneiro 2026

O litoral galego continúa en situación de risco por un novo episodio de temporal asociado á borrasca Ingrid. A Axencia Estatal de Meteoroloxía deu por finalizado o aviso vermello no mar na costa da Coruña, que pasa a nivel laranxa, mentres que Lugo e Pontevedra manteñen tamén este grao de alerta por mar adversa.

As condicións meteorolóxicas xa provocaron incidencias no transporte. Un voo procedente de Madrid con destino A Coruña tivo que regresar á capital ao non poder aterrar no aeroporto de Alvedro debido ás fortes rachas de vento, segundo informou Aena.

O estado do mar segue sendo perigoso en todo o litoral, polo que os servizos de emerxencias insisten en extremar as precaucións, evitar zonas costeiras expostas e seguir as recomendacións oficiais.

No interior, o Plan especial ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal) permanece activo en fase de preemerxencia. Os ríos Cambeda, en Vimianzo; Lérez, en Pontevedra; e Oitavén, en Soutomaior, atópanse baixo seguimento pola subida dos seus caudais.

A previsión meteorolóxica apunta a un recrudecemento do temporal a partir deste venres, con avisos por fortes ventos, choivas persistentes e neve. Espéranse acumulacións superiores aos 20 centímetros nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, así como nevadas a cotas relativamente baixas noutras áreas do interior galego.

Os servizos de emerxencias rexistraron nas últimas horas centos de incidencias, principalmente por caída de árbores e ramas, mentres que as autoridades advirten de que a situación de inestabilidade continuará durante a fin de semana e, previsiblemente, ao longo da próxima semana, con novas frontes atlánticas e precipitacións abundantes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.