As Rías Baixas e Santiago afrontan un xoves pasado por auga e vento

28 Xaneiro 2026

Galicia situarase este xoves 29, nunha posición intermedia entre as altas e as baixas presións, unha situación que favorecerá a entrada de ventos de compoñente marítimo. Esta configuración traerá consigo unha xornada de ceos con intervalos nubrados e chuvascos, que serán máis probables na metade oeste da comunidade e nas zonas de maior altitude.

Co avance da tarde, as precipitacións tenderán a estenderse de maneira xeneralizada a todo o territorio galego. Nas cotas máis altas, especialmente nos cumios, as precipitacións poderán caer en forma de neve.

No que respecta ás temperaturas, agárdase un lixeiro a moderado ascenso. Pola súa banda, os ventos soprarán do oeste-suroeste, moderados durante a maior parte do día, aínda que pola tarde poderán rexistrarse refachos fortes en todo o territorio.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá, 6 a 7 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 5 a 5.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.