As estafas do “fillo en apuros” con voces xeradas por intelixencia artificial seguen en aumento en Galicia

14 Xaneiro 2026

Coñécese como o calote do fillo en apuros e, a pesar dos reiterados avisos da policía e das operacións que permitiron desartellar varias bandas, continúa a dar resultado. Os delincuentes están a empregar voces xeradas con intelixencia artificial para facerse pasar por fillos ou fillas das vítimas e abusar da súa boa vontade. O último caso coñecido produciuse en Vigo, onde unha muller foi estafada por un importe de 46.000 euros.

“Fanse pasar por un fillo ou filla e dinlle: ‘Papá, rompeume o móbil’, e pídenlle que urxentemente lles fagan unha transferencia bancaria”, explica Estela Otero, voceira da Policía Nacional da comisaría de Vigo-Redondela. Así foi como a vítima realizou varias transferencias e perdeu case 50.000 euros.

Os métodos evolucionaron e xa non se limitan ás mensaxes de texto. As novas tecnoloxías permiten imitar voces con gran precisión. En Santiago, unha muller recibiu unha chamada na que recoñeceu a voz do seu fillo, clonada mediante intelixencia artificial. Neste caso, a afectada conseguiu recuperar os 2.400 euros transferidos.

A policía advirte de que non só caen persoas maiores. Recentemente, unha moza de Santiago recibiu unha mensaxe dunha suposta amiga que lle solicitaba un bizum de 60 euros para coller un taxi, alegando que perdera o móbil e a carteira. Tratábase tamén dun engano que non chegou a denunciarse, como ocorre con frecuencia nas estafas de pequenas cantidades.

“Ante calquera dúbida, hai que contactar co número habitual dese familiar ou amigo para comprobar se realmente é el quen chama”, recomenda a axente Otero.

Recuperar o diñeiro non é o habitual, xa que en moitos casos as entidades bancarias consideran que a transferencia foi realizada voluntariamente. Por iso, a Policía Nacional insiste en desconfiar das urxencias, evitar actuar baixo presión e, ante a mínima sospeita, chamar ao 091.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.