Alfonso Rueda visita JEALSA e enxalza o seu empuxe innovador e competitivo, modelo de emprego e sustentabilidade

09 Xaneiro 2026

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou este venres 9 de xaneiro as instalacións da conserveira JEALSA en Bodión (Boiro), da que destacou o seu empuxo innovador, competitivo e comprometido, ámbitos, dixo, nos que é un exemplo a seguir.

“Estas razóns”, dixo, “xustifican a prórroga excepcional que acaba de conceder o Goberno galego á planta en Boiro”, un prazo que foi ampliado aos 75 anos, o máximo legal permitido, “o que fará que a industria se manteña no lugar ata xuño de 2067”, apuntou durante a súa estadía na factoría, na que estivo acompañado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, do presidente da compañía, Jesús Alonso Escurís, e do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, entre outras/os.

“Aos motores económicos hai que apoialos. Se queremos que se cree riqueza e postos de traballo, se queremos que se consoliden, o que temos que facer é apostar con valentía, por suposto, dentro da legalidade”, afirmou. “Insisto, dentro do cumprimento estrito da normativa, non hai que ter ningún medo para tentar consolidar aos que apostan por seguir creando riqueza”, engadiu o presidente.

Neste sentido, Rueda indicou que esta prórroga aporta unha maior seguridade xurídica “a unha empresa consolidada” e crea as condicións para incentivar o investimento no municipio, ao tempo que permite manter a actividade do centro de operacións principal de JEALSA no Barbanza, evitando a deslocalización, mantendo postos de traballo e facilitando a creación de novos empregos.

A ampliación outórgase en base á xustificación por parte da empresa dos requisitos legais preceptivos: o interese estratéxico da concesión e o investimento proporcional ao incremento de prazo. Polo que respecta ao primeiro, baséase nos datos de emprego do grupo empresarial: JEALSA Foods xera na súa sede e centros de traballo no Barbanza un total de 3.000 empregos directos e preto de 12.000 indirectos. Ademais, lembrou o presidente, “ten unha porcentaxe de emprego feminino do 72% e xustifica un enfoque inclusivo cara ás persoas con discapacidade integrando a 34 no seu cadro de persoal”.

En relación ao investimento previsto, que segundo a lei debe superar os 500.000 euros, JEALSA Foods renovará a cuberta da nave principal para eficiencia enerxética e construirá unha nova nave, o que suporá unha achega total de 3,2 millóns de euros. Así mesmo, ten prevista a reconstrución dunha nave industrial incendiada no 2021, cun custe estimado de 4,8 millóns de euros, polo que propón un investimento total na comarca do Barbanza para os vindeiros anos de 8 millóns de euros.

A este respecto, o presidente do Goberno galego destacou o crecemento desta empresa familiar creada hai preto de sete décadas, sendo hoxe o primeiro fabricante de España e o segundo de Europa. Ademais, destacou o seu respecto e compromiso coa orixe que combina coa súa capacidade de expansión –conta con 26 empresas en distintos puntos de Portugal, Italia, Chile, Brasil e Guatemala–. “Unha das características que existen en Galicia son esas empresas familiares potentes que traballan en todo o mundo, que son referentes a nivel mundial, como esta no seu sector, pero que non perden a esencia”, asegurou.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.