Alarma de vertido no malecón de Gasset, en Noia

16 Xaneiro 2026

O Concello de Noia recibiu aviso na tarde deste venres 16 de xaneiro dun novo aviso de vertido na ría, concretamente un vertido de líquido cor verde aparecido na ría, a carón do malecón de Gasset. Ata alí desprazáronse o alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente, xunto con efectivos da Policía Local, GES e SEPRONA, e recolléronse mostras para a súa análise.

Confirmaron que até o de agora “todo apunta a que se trata dun po inocuo, empregado entre outros en situacións de salvamento marítimo ou roturas de fontanería”.

E engadiron: “Queremos recordar que o Concello mantén un compromiso firme co saneamento e coa eliminación dos puntos de vertido, un traballo no que se leva meses avanzando e no que se redobrarán esforzos ao longo de 2026”.

O BNG tamén emitiu un comunicado nas redes sociais sobre a incidencia, sinalando que “este tipo de imaxes, que nos aterrorizan, teñen que acabar, por iso nos vindeiros orzamentos de Noia, nos que o BNG xogará un papel clave, haberá un investimento en saneamento sen precedentes”.

Segundo engadiron, “queremos que a polución da nosa ría sexa un triste recordo, e tampouco pararemos de traballar para que a Xunta poña da súa parte dunha vez por todas neste obxectivo que debería ser a prioridade para todas as administracións”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.