A veciñanza da Barbanza mobilízase contra a falta de médicos e as demoras na atención sanitaria

15 Xaneiro 2026

A veciñanza da Barbanza mobilizouse este xoves 15 e xaneiro diante da Consellaría de Sanidade, en Santiago de Compostela, para reclamar “unha atención sanitaria de calidade, con médicos suficientes que garantan unha asistencia sen demoras excesivas”.

A mobilización contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego, que volveu denunciar “a grave situación que padece a sanidade pública na comarca”.

As persoas mobilizadas esixiron que nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño sexan cubertas todas as vacantes e baixas de persoal médico, ao tempo que reclamaron que na Pobra do Caramiñal se habilite un Punto de Atención Continuada (PAC) en horario de tarde, evitando así os desprazamentos ao xa saturado PAC de Ribeira.

A deputada do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez, denunciou “a falta estrutural de profesionais sanitarios na comarca” e lembrou que “xa rexistrou diversas iniciativas parlamentarias para que a Consellaría de Sanidade dote os centros de saúde do persoal necesario e dea resposta ás longas listas de espera para consultas de especialista no Hospital da Barbanza”.

“Estamos ante unha situación insostíbel provocada pola mala xestión do Partido Popular. O conselleiro de Sanidade está atrincheirado na consellaría e só aparece en actos do PP, onde non hai ningunha crítica á súa política de recortes”, afirmou Pérez.

Pola súa banda, o ex-alcalde de Ribeira e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral e a concelleira Cruz Rivadulla, sinalaron directamente ao Partido Popular como “responsábel do deterioro da sanidade pública” e engadiron que “a falta de médicos e o empeoramento da atención sanitaria son consecuencia directa dos recortes aplicados polo PP. Porén, grazas á presión constante da veciñanza, nos últimos tres anos conseguíronse melloras importantes”, indicaron, engadindo que “foi a mobilización veciñal a que evitou o peche dos consultorios de Palmeira, Corrubedo e Aguiño” e subliñou que “será novamente a loita da xente a que conquira que en Ribeira se cubran todas as prazas médicas”. Ademais, lamentou que a alcaldesa e o municipal de Ribeira “defenda os intereses do Partido Popular en vez de defender á veciñanza e os servizos públicos”.

A voceira do BNG na Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, reafirmou o compromiso da súa organización coas demandas da veciñanza.
“Seguiremos apoiando ás veciñas e veciños que reclaman o seu dereito a contar cun PAC en horario de tarde. É un dereito que non imos deixar que nos quiten; estamos pedindo simplemente o que nos corresponde”, manifestou.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.