A Secretaría da Lingua apoia proxectos innovadores nos centros educativos que fomenten o galego

13 Xaneiro 2026

A Secretaría Xeral da Lingua que dirixe Valentín García publicou a convocatoria (no DOG, en PDF) de axudas para o desenvolvemento de proxectos que fomenten o uso do galego nos centros educativos que impartan ensinanzas de niveis non universitario. Trátase dunha iniciativa para “reforzar a dimensión comunicativa do galego facilitando ao alumnado unha oferta educativa que lle axude a percibir a utilidade da lingua e o capacite para o seu uso correcto e eficaz”, sinalou a Secretaría.

A convocatoria establécese un programa de actividades de fomento do idioma en cada centro, no marco do seu proxecto lingüístico e coa participación de toda a comunidade escolar, con especial atención ás liñas de actuación que permitan un incremento do uso do galego nas actividades extraescolares e complementarias.

As propostas deberán ser promovidas polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsábel do proxecto de cada centro de ensino, que terán un mes de prazo para a súa presentación a partir de mañá.

Unha vez recibidas as iniciativas, configurarase para a súa valoración unha comisión provincial de cualificación e unha comisión central dentro da Secretaría Xeral da Lingua, que homoxeneizará os criterios a aplicar e formulará a resolución das axudas.

Algúns dos puntos que se terán en conta principalmente para levar a cabo esa valoración son o grao de implicación activa dos membros da comunidade no proxecto (pais/nais, titores, profesorado ou alumnado e persoal da administración); o nivel de utilización das novas tecnoloxías (creación de páxinas web e blogs ou material audiovisual); o grao de colaboración con outras institucións, entidades ou asociacións externas ao centro, así como a relación con outros espazos educativos no deseño da planificación lingüística.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...