A RAG inaugura na súa web unha sección adicada a Begoña Caamaño, homenaxeada este ano nas Letras

08 Xaneiro 2026

A Real Academia Galega comezou ano cunha importante novidade tecnolóxica abeirada ao seu intenso labor nas redes: a inauguración da sección liña adicada á escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014), autora homenaxeada este ano 2026 nas Letras Galegas. O espazo online habilitado na web da RAG inclúe entre outros contidos unha biografía asinada pola académica noiesa Ana Romaní.

A RAG fixo saber que a sección irase nutrindo con novos contidos divulgativos arredor dunha creadora que elaborou unha singular revisión dos mitos literarios “no desexo de interpelar o seu tempo, o noso tempo”, e que emerxeu como narradora partindo das preguntas que se facía como xornalista, apunta Romaní, compañeira de profesión e amiga.

A institución destaca a través do seu presidente, o muradán Henrique Monteagudo, que Begoña Caamaño realizou unha “soberbia achega á literatura galega, pondo o foco na fundamental achega feminina ao seu pulo”. Monteagudo confía en que as súas Letras Galegas contribúan á “merecida difusión popular” da súa narrativa, mais tamén da “exemplar traxectoria como xornalista defensora da información veraz, en tempos en que a comunicación social está intoxicada pola divulgación de loias que espallan o odio, a intolerancia e a confusión”. “A voz e a luz de Begoña Caamaño tinxirán de azul o Día das Letras Galegas 2026”, conclúe.

A sección de Begoña Caamaño ofrece tamén na súa estrea unha escolma de fotos do arquivo persoal da homenaxeada e de fontes diversas, e comeza unha serie de entrevistas e reportaxes cunha conversa con María Xesús Nogueira. A crítica literaria foi unha das primeiras estudosas que afondou na narrativa dunha escritora que debutou tardiamente, aos 45 anos de idade, e cuxa carreira veuse truncada polo seu prematuro falecemento. re o poder e o xénero”.

Ana Romaní contribúe co texto Begoña Caamaño. Definitivamente utópica, radicalmente vital, artigo no que ganduxa o retrato persoal, profesional e literario da homenaxeada con fíos que traen por momentos as propias palabras da autora.

Romaní viaxa ata a nenez de Begoña Caamaño, ao fogar do barrio do Calvario onde esta medrou, adormecendo entre as historias que lía en voz alta a súa nai.

Begoña Caamaño no Parque de Bonaval en Santiago fotografada por Sonia Diaz

O percorrido vital detense en como xermolou Circe, na biblioteca da rúa Casas Reais de Santiago de Compostela, para logo escribila de xeito “case compulsivo”, e no “debate contemporáneo sobre que modelo de sociedade queremos” que formulou na súa seguinte novela, Morgana en Esmelle.

Asómase tamén ás súas contribucións máis persoais como xornalista da Radio Galega, onde ideou e dirixiu os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expreso de Medianoite, ademais de ser parte do equipo do Diario Cultural. E non esquece tampouco o activismo de Caamaño, desde o seu espertar coas protestas estudantís que reclamaban descontos no transporte público cando cursaba 3º de BUP ata a súa defensa, xa como xornalista e sindicalista, “dunha información de calidade e condicións laborais xustas fronte á utilización partidaria, a manipulación informativa e a que consideraba usurpación dun ben social polo poder político”. Como traballadora dos medios públicos –subliña Romaní– defendeu ademais o seu papel esencial para o futuro da lingua e do país, outro dos eixes, xunto á súa obra literaria, destas Letras Galegas 2026.

A biografía repasa igualmente a súa implicación no movemento feminista, no que participou en espazos como Mulheres Nacionalistas Galegas e a Marcha Mundial das Mulleres.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.