A Pobra, Vilanova, Santiago, Cambados e o Goberno galego volven homenaxear a Valle-Inclán no Cemiterio de Boisaca

05 Xaneiro 2026

O cemiterio de Boisaca, en Santiago, acolleu na mañá deste luns 5 de xaneiro a tradicional ofrenda floral en lembranza do escritor e dramaturgo Ramón María del Valle-Inclán, organizada polo Concello de Santiago con motivo do 90 aniversario do seu pasamento, acontecido o 5 de xaneiro de 1936 na capital galega.

No acto participaron representantes do Concello de Santiago, da Xunta de Galicia, do Museo Valle-Inclán, así como dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, ademais de familiares do autor, entidades culturais e membros da Corporación municipal.

Durante a homenaxe, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, destacou a estreita relación de Valle-Inclán coa cidade e o valor da súa obra literaria, subliñando “a súa capacidade para combinar espírito crítico, humor e innovación estética”. A rexedora sinalou que “Compostela foi para o autor un espazo de creación e inspiración, unha cidade que quedou profundamente vencellada á súa traxectoria vital e artística”.

Sanmartín lembrou que se cumpren 90 anos do falecemento de Valle-Inclán nun ano especialmente dedicado á memoria, e puxo en valor o compromiso do Concello coa recuperación e dignificación da memoria histórica a través de iniciativas agrupadas baixo as marcas Compostela é Memoria e As mil marías. Seguindo este fío, a alcaldesa destacou diferentes actuacións impulsadas polo Concello para preservar a memoria democrática e cultural da cidade, así como para recoñecer figuras senlleiras da historia galega vencelladas a Compostela.

No acto tamén interveu o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, quen sinalou que “sempre debemos ter presente a pegada que deixaron na nosa identidade persoeiros como os que hoxe homenaxeamos”, en referencia non só á homenaxe a Valle-Inclán senón tamén á memoria de Isaac Díaz Pardo, do que se cumpren 14 anos do seu pasamento. “É por iso”, puntualizou, que “ademais de lembrar datas sinaladas con actos como este, tamén celebramos o legado das nosas figuras históricas con amplas programacións como o Ano Castelao que rematamos en decembro ou o Ano Oteriano que comezamos neste 2026”.

Polo Concello da Pobra participaron o alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, ademais do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán. Tamén se sumou o Concello de Cambados, con Lino González-Roma, concelleiro de cultura desa outra vila valleinclaniana.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.