A exclusión social en Galicia diminúe, pero a precariedade esténdese cara ao centro da sociedade

29 Xaneiro 2026

O IX Informe FOESSA alerta de que case a metade da poboación galega vive nunha situación de integración fráxil, coa vivenda como principal factor de exclusión

A exclusión social en Galicia xa non pode explicarse unicamente pola falta de ingresos nin afecta só as marxes máis visibles da sociedade. Así o conclúe o IX Informe sobre exclusión e desenvolvemento social en Galicia, presentado hoxe pola Fundación FOESSA xunto a Cáritas en Galicia, que ofrece unha radiografía ampla e actualizada das condicións de vida, os riscos sociais e os procesos de integración e exclusión na comunidade.

O estudo baséase nos resultados da Enquisa sobre Integración e Necesidades Sociais, unha das investigacións sociais máis amplas realizadas en Galicia, con entrevistas en profundidade a case 600 fogares galegos e máis de 12.000 a nivel estatal. Este enfoque permite analizar non só cantas persoas están en exclusión, senón como viven, que dificultades acumulan e que factores limitan a súa integración real.

Menos exclusión, pero máis fraxilidade social

Entre 2018 e 2024, a exclusión social en Galicia redúcese do 16,8 % ao 12,7 %, o que supón unhas 342.000 persoas afectadas. Con todo, este descenso explícase case exclusivamente pola redución da exclusión moderada, mentres que a exclusión severa apenas varía e segue afectando a unhas 168.000 persoas, o 6,3 % da poboación.

Paralelamente, o espazo da integración deteriórase. A integración plena cae 8,6 puntos, mentres que a integración precaria aumenta do 31,1 % ao 43,8 %. “Estamos ante unha sociedade menos excluída en termos estritos, pero moito máis fráxil”, advertiu Ubrich, sinalando que “cando case a metade da poboación vive nun equilibrio inestable, calquera crise pode empuxala rapidamente cara á exclusión severa.

O informe constata que a precariedade deixou de ser unha situación transitoria para converterse nun trazo estrutural que afecta tamén a persoas con emprego, familias con menores, fogares con ingresos axustados e persoas maiores. “A exclusión xa non está nas marxes; está a desprazarse cara ao centro da sociedade”, subliñou o coordinador do estudo.

A vivenda, principal eixo de exclusión

A vivenda consolídase como o principal factor de desigualdade e exclusión social en Galicia. O 26 % dos fogares presenta algún indicador de exclusión residencial. Más de 78.000 fogares soportan gastos excesivos de vivenda que os sitúan por baixo do limiar de pobreza severa tras pagar o alugueiro ou a hipoteca.

Ademais, unhas 160.000 persoas viven en situación de vivenda insegura e preto de 170.000 fano en condicións de insalubridade, amontoamento ou mala habitabilidade. Entre 2018 e 2024, o prezo da vivenda aumentou un 21 % e o do alugueiro un 28 %, cunha cota mediana de 732 euros, moi por encima do crecemento dos ingresos reais.

Desde Cáritas en Galicia advirten de que a vivenda deixou de ser un factor de protección para converterse nun auténtico pescozo de botella para a integración social.

Emprego insuficiente para garantir integración

Aínda que Galicia mellorou os seus indicadores laborais —cun aumento do emprego do 6 %, unha redución do paro ata o 9 % e unha temporalidade do 16 %—, esta evolución non se traduce nunha mellora social xeneralizada. Os salarios reais apenas creceron un 0,7 % e a inestabilidade laboral grave segue afectando ao 5,6 % das persoas ocupadas.

“O emprego xa non garante saír da exclusión”, recolle o informe, que identifica este paradoxo como un dos grandes retos das políticas sociais e laborais.

Persisten a pobreza e as carencias materiais

En 2024, o 14 % da poboación galega atópase en risco de pobreza e o 6 % en pobreza severa. A iso súmase unha elevada fraxilidade cotiá: o 27 % non pode afrontar gastos imprevistos, o 17 % non pode manter a súa vivenda a unha temperatura adecuada e o 4 % non pode permitirse unha alimentación suficiente de forma regular.

O informe alerta tamén da insuficiente cobertura das rendas mínimas. O Ingreso Mínimo Vital só chega ao 51 % das persoas en pobreza severa, e máis da metade dos fogares non recibiu información sobre a prestación. A RISGA, pola súa banda, reduciu a súa cobertura á metade nos últimos anos.

Soledad, saúde e enfraquecemento dos vínculos

A exclusión social ten un impacto directo na saúde, especialmente na saúde mental. En Galicia, o 18 % da poboación presenta problemas de exclusión en coidados de saúde, cinco puntos máis que en 2018. Ademais, o 29,8 % valora negativamente a súa saúde física e o 18 % a súa saúde mental, cifras superiores á media estatal.

O informe tamén constata un aumento do illamento social e a soidade non desexada, que afecta ao 25 % dos fogares en exclusión severa, fronte ao 4 % dos fogares integrados.

Chamada a un novo pacto social

Desde a Fundación FOESSA insisten en que o informe é unha ferramenta para a acción. “O maior risco é normalizar a fraxilidade. Se non se actúa con políticas estruturais e sostidas, a precariedade de hoxe será a exclusión crónica de mañá”, concluíu Ubrich.

Cáritas en Galicia chama a repensar o modelo social, reforzar os sistemas de protección e avanzar cara a un novo pacto social que sitúe a vida, os coidados e a cohesión social no centro das decisións públicas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...