A Deputación da Coruña recibe 25 solicitudes para financiar persoal técnico de normalización lingüística

05 Xaneiro 2026

A Deputación da Coruña recibiu un total de 25 solicitudes para financiar os gastos de persoal técnico de normalización lingüística nos concellos e demais administracións da provincia durante o exercicio 2026. A iniciativa dispón dun orzamento global de 540 000 euros e estabelece unha achega máxima de 20 000 euros para contratos a xornada completa e de duración anual. Está dirixida a concellos de 5000 ou máis habitantes, así como a agrupacións municipais e outros suxeitos que cumpran os requisitos recollidos nas bases.

Sol Agra, responsábel de Lingua na Deputación da Coruña

Esta liña de axudas inscríbese no compromiso da Deputación co fomento e a normalización do uso da lingua galega no ámbito local, en coherencia co marco legal vixente. O obxectivo é “contribuír ao mantemento e á mellora do galego tanto no funcionamento interno das administracións como na relación destas coa cidadanía”.

O persoal técnico subvencionado desenvolverá tarefas de asesoramento en política lingüística nas entidades locais, impulsará accións de dinamización para promover o uso social do galego, organizará actividades de formación sociolingüística e difusión de materiais, prestará apoio lingüístico interno para mellorar a calidade comunicativa da administración e favorecerá a coordinación entre a Deputación e os concellos nas actuacións normalizadoras.

Para acceder a estas axudas, o persoal contratado deberá contar con titulación en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica ou Grao en Lingua Galega, e manter unha relación laboral ou funcionarial coa entidade local correspondente.

A convocatoria responde á necesidade de reforzar as políticas públicas de normalización da lingua galega nun contexto en que persisten situacións de desigualdade no seu uso social, malia existir un marco xurídico favorábel desde comezos da década de 1980.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.