A Deputación da Coruña inviste case medio millón de euros en financiar 25 servizos de normalización lingüística municipais (incluídos os de Ribeira, Muros, Outes, Boiro, Dodro e Rois)

22 Xaneiro 2026

A Deputación da Coruña vén de publicar a resolución de concesión provisional das subvencións do programa FONL, dirixido aos concellos e outras entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2026. Ao abeiro desta convocatoria, a institución investirá case medio millón de euros para atender 25 solicitudes que abranguen corenta municipios. A deputada de Lingua, Sol Agra, destaca que “o persoal técnico de normalización lingüística desempeña un papel fundamental para facer efectivo o dereito da cidadanía a vivir en galego, e desde a Deputación entendemos que apoiar estes servizos é unha achega imprescindíbel neste senso”. Amais, animou aos concellos da provincia a solicitaren a axuda, “lembrando que o orzamento previsto non se chegou a esgotar nesta convocatoria”. De feito, o programa contaba cun orzamento de 540 000 euros, mais o total total de axudas concedidas provisionalmente é de 496 000.

As axudas diríxense a concellos de máis de 5000 habitantes ou a agrupacións de municipios. As contías propostas na concesión provisional oscilan entre os 18 000 e os 20 000 euros, en función das condicións recollidas na convocatoria. En total aceptáronse 25 peticións que agrupan un total de corenta concellos.

Presentaron solicitudes individuais Abegondo, A Coruña, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Carral, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Outes, Pontedeume, Ponteceso, Ribeira e Teo. Presentaron peticións conxuntas A Baña e Negreira, Carnota e Mazaricos, Corcubión e Fisterra, Dodro e Rois, así como Dumbría e Zas. Completan a relación as iniciaitivas conxuntas de concellos da Mancomunidade de Ferrol (Ares, Cabanas, Cedeira, Neda e Valdoviño) e de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo).

O programa FONL ten como obxectivo xeral “reforzar o uso do galego tanto no ámbito administrativo como no social, contribuíndo ao mantemento e á mellora das políticas de normalización lingüística no ámbito local”.

Esta liña de axudas insírese no traballo continuado da Área de Lingua da Deputación da Coruña para apoiar os servizos municipais que desenvolven actuacións de normalización e promoción da lingua galega.

As subvencións están destinadas a “financiar gastos de persoal técnico dos servizos de normalización lingüística, permitindo a contratación anual de persoal especializado a xornada completa por parte das entidades locais beneficiarias, de acordo co establecido nas bases reguladoras do programa”, explicou a deputada.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.