A Deputación convoca o XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua para recoñecer o compromiso coa promoción do galego

26 Xaneiro 2026

O Premio Rosalía de Castro de lingua, convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, chega á súa décimo sétima edición para seguir recoñecendo “iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico da lingua galega, tanto no ámbito da provincia coma o de toda Galiza”, en palabras da institución provincial.

O xurado terá especialmente en conta a relevancia para o futuro do noso idioma.

Até o vindeiro 30 de abril está aberto o prazo de presentación de candidaturas, que deberán tramitarse de xeito telemático a través da plataforma electrónica da Deputación (SUBTEL). Poderanse presentar candidaturas doutras edicións que non foran premiadas.

O certame repartirá 15 000 euros en premios, cunha dotación de 5 000 euros para cada unha das tres categorías.

Unha delas distinguirá a persoa que máis destaque na promoción da lingua galega, cunha identidade propia e unhas características xenuínas para empregala en todos os ámbitos e con todos os estratos sociais.

Outra recoñecerá a entidade que máis salientábel na promoción do galego, sexa cal for a súa fórmula xurídica ou modo de constitución.

A terceira premiará un proxecto concreto de dinamización lingüística, como ferramentas, publicacións, coleccións ou portais web, que desenvolva un traballo específico coa infancia e a mocidade e que atenda espazos emerxentes de uso da lingua, co obxectivo de poñer en valor a innovación e o futuro do galego.

Xosé Ramón Freixeiro Mato, na categoría A; a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!, na categoría B; e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques, galardoados ‘ex aequo’ na categoría C, foron os gañadores en 2025. Tamén resultaron premiados en anteriores edicións María Canosa, Pakolas, Xaquín Marín, Xabier P. Docampo, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Pirilampo, Galipedia, Twitter en galego, Proxecto Apego, Correlingua ou a Mesa pola Normalización Lingüística.

As bases do certame publicáronse no BOP do 22 de xaneiro (dispoñíbel en PDF).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.