A Consellería do Mar estudará novas medidas para mellorar a captación de mexilla e garantir a campaña dos bateeiros

21 Xaneiro 2026

A Consellería do Mar acordou estudar novas medidas dirixidas a mellorar a captación de mexilla co obxectivo de garantir a campaña para todos os bateeiros. A decisión adoptouse tras a reunión da Comisión do Mexillón celebrada esta tarde, na que participou a titular do departamento autonómico, Marta Villaverde.

Na xuntanza, Villaverde estivo acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, así como pola directora do Intecmar, Covadonga Salgado. A conselleira destacou a importancia de manter un diálogo permanente co sector e de acadar consensos que permitan asegurar a sostibilidade dun recurso estratéxico para Galicia. O obxectivo, sinalou, é que o sector miticultor, integrado por preto de 3.600 bateas repartidas ao longo do litoral galego, poida dispoñer da cantidade suficiente de mexilla para facer da campaña unha etapa produtiva e positiva.

A Comisión do Mexillón decidiu agardar ao remate do reconto larvario de mexilla que están a realizar os técnicos antes de determinar se se adianta a comezos de febreiro a colocación de cordas colectoras adicionais nas bateas.

Entre os acordos acadados co sector tamén figura a creación dun grupo de traballo que analizará, a medio prazo, a posta en marcha de proxectos piloto destinados á recollida de mexilla. Estes proxectos pretenden ofrecer aos bateeiros ferramentas que lles permitan reducir a dependencia do estado do recurso acumulado no litoral e garantir así a continuidade da produción.

Evolución do episodio de toxinas

Durante a reunión tamén se abordou a situación actual das biotoxinas, co fin de consensuar medidas de xestión que permitan manter a actividade produtiva nos polígonos pechados ata a súa reapertura. Desde Intecmar, Covadonga Salgado puxo en valor o traballo que está a desenvolver este organismo no control da calidade do medio mariño e na seguridade dos produtos do mar.

Salgado adiantou que ao longo desta semana poderían producirse novas reaperturas de polígonos de bateas, aínda que noutras zonas o episodio tóxico podería prolongarse ata o mes de febreiro.

Como medida adicional, a Consellería do Mar decidiu autorizar 100 cordas de engorde adicionais nos polígonos que permanecen pechados polo episodio tóxico. Estas cordas poderán ser empregadas polos miticultores segundo as súas necesidades, coa condición de que o mexillón resultante chegue ao mercado nun prazo máximo dun mes desde a finalización do episodio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.