A Asociación Etnolóxica Castelao participou este mércores na homenaxe ao escritor, artista e político rianxeiro

07 Xaneiro 2026

A Asociación Etnolóxica Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao participou activamente nos actos conmemorativos do cabodano de Castelao celebrados este 7 de xaneiro, mércores, en Santo Domingo de Bonaval (Santiago), onde están soterrados os restos do ilustre rianxeiro. A representación da entidade estivo encabezada polo presidente Xosé Bravo, acompañado pola vicepresidenta María Jesús Suárez, o secretario Xusto Ordóñez, a tesoureira María Luísa Prada e os vogais Carmen García , Ramón Dios e Benito Miguéns, que quixeron estar presentes para render tributo a “unha das figuras máis senlleiras do galeguismo”, sinalaron, engadindo que o acto contou cunha destacada presenza de autoridades locais e culturais rianxeiras, incluídas/os representantes da asociación.

Entre elas atopábanse o alcalde Julián Bustelo, o concelleiro José Alberto Angueira, o ex alcalde Adolfo Muiños, o crego parroquial Marcelino Sánchez, así como Xesús Santos, Noelia Gómez e Luisa Dourado, que quixeron acompañar esta homenaxe e representar o apoio da comunidade á memoria de Castelao.

A continuación, fixéronse presentes diversas autoridades de ámbito autonómico e estatal, así como representantes de institucións culturais.

Participaron, entre outras personalidades, a alcaldesa Goretti Sanmartín, o conselleiro de Cultura, José López Campos, o delegado do Goberno na Xunta, Pedro Blanco, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Tamén estivo presente o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane.

Ao longo da cerimonia púxose en valor a figura de Castelao, non só como político comprometido coa defensa de Galicia, senón tamén como creador, pensador e referente moral. Destacouse a súa traxectoria intelectual, o seu labor artístico, a súa capacidade para unir cultura e compromiso cívico, e a súa visión dun país máis xusto, culto e consciente de si mesmo. Lembráronse tamén os seus anos de exilio, nos que, lonxe da terra, continuou traballando de xeito incansábel pola dignidade e os dereitos do pobo galego.

A asociación expresou o seu firme propósito de seguir difundindo o legado de Castelao entre as xeracións máis novas, convencida de que a súa obra e o seu pensamento seguen a ser unha guía imprescindíbel para comprender o presente e construír o futuro de Galicia. Subliñouse a importancia de achegar ás persoas mozas a súa figura, non só desde a perspectiva histórica, senón tamén como exemplo de coherencia, valentía e compromiso social.

Segundo informou a asociación rianxeira, “este ano 2026, dedicado á memoria do seu amigo e compañeiro de xeración Ramón Otero Pedrayo, preséntase como unha oportunidade singular para continuar reivindicando a importancia do galeguismo histórico e a contribución daqueles homes e
mulleres que, como Castelao e Otero, fixeron da cultura, da lingua e da identidade galega un proxecto de país”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.