A Área de Igualdade da Deputación pecha a campaña ‘‘Ser e sentir’’ co espectáculo “Vicio houbo sempre” en Boiro e Val do Dubra

09 Xaneiro 2026

A Área de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña dá por concluída a edición 2025 da campaña Ser e sentir, unha iniciativa desenvolvida ao longo dos últimos meses co obxectivo de promover a igualdade, o respecto á diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero.

Durante esta edición, Ser e sentir impulsou accións dirixidas a concellos, entidades sociais, centros educativos e público xeral, consolidándose como un espazo de diálogo, visibilidade e reflexión arredor dos dereitos, as liberdades e a dignidade das persoas.

Aínda que a campaña institucional chega ao seu remate, o programa cultural inclúe dúas actividades de narración oral que se terán lugar nas próximas semanas: Vicio houbo sempre, onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres maiores de 80 anos arredor do desexo, do pracer e da sexualidade, chegará a dúas localidades coruñesas.

A actividade de Boiro terá lugar o venres, 23 de xaneiro, ás 20 horas, no Centro Social de Abanqueiro; mentres que a de Val do Dubra será o 24 de xaneiro, ás 20 horas, no Auditorio de Bembibre.

A deputada de Igualdade, Sol Agra, anima a poboación a asistir a estes espectáculos e agradece a colaboración dos concellos e das entidades sociais implicadas, así como o apoio da veciñanza, “fundamental para o desenvolvemento e o éxito da campaña”.

Do mesmo xeito, reafirma o compromiso da Deputación “coa defensa dunha sociedade máis xusta, diversa e igualitaria”.

Ser e sentir 2025, unha campaña descentralizada

A campaña Ser e sentir desenvolveuse ao longo de 2025 con motivo da conmemoración do Día da Diversidade Sexual, co propósito de reforzar o compromiso institucional cos dereitos das persoas LGTBQI+ alén dunha data concreta no calendario.

Ao longo do ano, a campaña incluíu a actualización de contidos informativos e educativos con propostas de literatura LGTBQI+ galega, estatal e internacional, recursos audiovisuais e materiais adaptados a diferentes idades, postos a disposición na web seresentir.gal.

Tamén se elaboraron materiais para puntos de información LGTBQI+, desenvolvéronse palestras sobre igualdade e non discriminación no ámbito laboral, diversidade corporal e sexualidades disidentes, programáronse representacións teatrais para distintos públicos en vinte concellos da provincia e instaláronse puntos LGTBQI+ en oito municipios. A campaña completouse co envío de material divulgativo a concellos de menos de 30.000 habitantes, reforzando así o seu carácter descentralizado e continuado no tempo.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.