A ABE impulsa a campaña “A Contra o Reloxo do Comercio Local” xunto ao Club de Remo Cabo da Cruz

19 Xaneiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha a campaña de promoción comercial A Contra o Reloxo do Comercio Local, coincidindo coa celebración da Carreira de Traiñeiras Contra o Reloxo organizada polo Club de Remo Cabo da Cruz, co obxectivo de “vincular o deporte coa actividade económica local e incentivar as compras no comercio de proximidade”.

A campaña desenvolverase do 19 ao 31 de xaneiro, período no que as persoas consumidoras poderán participar nun sorteo de agasallos realizando compras nos establecementos asociados á ABE e rexistrando os seus tíckets na web da entidade. O sorteo celebrarase o luns 2 de febreiro.

Entre os premios destacan dous packs do Club de Remo Cabo da Cruz, que inclúen dúas camisolas co lema Cabo somos nós, un vale de compra de 20 euros para a tenda do club e un carné de socio para a tempada 2026, así como dous packs da ABE compostos por unha toalla de praia, un termo, unha neveira friameira e unha camiseta Somos Boiro.

Con esta iniciativa, a ABE pretende “apoiar e dinamizar o comercio local, reforzar a conexión entre deporte e economía de proximidade e dar visibilidade tanto ao tecido empresarial de Boiro como ao Club de Remo Cabo da Cruz, facilitando ademais a participación a través dun sistema dixital sinxelo e accesible”.

Trátase dunha actividade co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.