Este martes 30 de decembro a agrupación Versionettes vai facer vibrar o centro de Boiro cun concerto encadrado nas celebracións de Nadal. Será ás 19.45 horas na rúa Peonil.
Versionettes é unha banda coruñesa especializada en versións acústicas de grandes clásicos do pop e o rock, tanto español como internacional.
A banda atrévese con todo tipo de grandes da música: dende Tom Petty ata Coldplay pasando polos Stones, Bowie, ACDC, Dylan, U2, Radiohead, The Killers, Pink Floyd ou Queen. O mellor da historia do pop e o rock internacional pero cun toque moi persoal.




