“Vergoña” – Xulio Xiz

16 Decembro 2025

Na Idade Media falábase de amor galante en relación co sentimento dun cabaleiro cara a unha dama, xeralmente casada con outro, da que esperaba unha mostra de sintonía que lle alegrase a existencia. Claro que esta Idade rematou co século XV, se ben parece que hai homes que non se decataron, ou consideran que poden cambiar as formas mesmo para peor, e que as “galanterías” seguen movendo corazóns e vontades.

Sexa porque as tentacións están máis preto dos poderosos, anda a política moi revolta porque aparecen aquí e aló problemas que teñen que ver coa man, sexa na caixa ou voandeira, e fotografías de montóns de diñeiro en casas de políticos, e denuncias de acoso sexual, configuran un panorama que merecería que un novo Baudelaire fixera unha versión actualizada das flores do mal. Amortiguados momentaneamente os escándalos económicos, a vergoña allea arrecia arredor das denuncias por acoso ou abuso sexual, que calquera persoa normal entende como un dos comportamentos máis desprezables e egoístas, agudizado cando o presunto acosador ten ascendente sobre a vítima.

Os políticos sempre estiveron no punto de mira de quen contempla comportamentos dispersos, sendo singular o caso do que por Santiago non se recataba en presentar ás acompañantes ocasionais como súas sobriñas, conseguindo que os amigos o compadecesen po lo mal encamiñadas que ían na vida. Pero unha cousa son costumes pouco edificantes, e outra esta que nos abochorna. Imponse o rigor na denuncia, xuízo e sentenza. E se aos comportamentos ruíns non lles chegou o momento de desaparecer, chegoulles o da vergoña, a repulsa e o castigo.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.