Suba das peaxes na AP-9 o 1 de xaneiro: un 4,68% máis

30 Decembro 2025

Trátase da maior suba de tarifas das autoestradas estatais. O Ministerio de Transportes achegará 15 millóns de euros para impedir a alza do 5,83%.

As peaxes da autoestrada AP-9, principal eixo de comunicación viaria de Galicia, volverán subir en 2026, encarecendo o custo de desprazarse entre as principais cidades galegas. Un dos incrementos máis destacados é o do traxecto A Coruña–Vigo, que custará 0,95 euros máis que na actualidade e quedará en 21,41 euros.

A actualización de tarifas, que entrará en vigor co novo ano, afecta aos distintos tramos da Autoestrada do Atlántico e responde o axuste anual previsto na concesión, ligado á evolución dos prezos e ás condicións do contrato de explotación da vía.

O encarecemento do tramo A Coruña–Vigo impactará especialmente nos usuarios habituais, tanto particulares como profesionais do transporte, que utilizan esta infraestrutura a diario para desprazamentos laborais ou de mercadorías. A AP-9 conecta Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo, e continúa sendo unha das autoestradas de peaxe máis utilizadas —e tamén máis cuestionadas— de España.

Desde hai anos, a subida periódica das peaxes da AP-9 xera críticas políticas e sociais, con reclamacións recorrentes para unha redución de tarifas ou a liberalización de determinados tramos, especialmente naqueles con elevada densidade de tráfico.

A pesar dos descontos existentes para usuarios frecuentes e ao uso do sistema de telepeaxe, o aumento de prezos volve situar o custo de circular pola AP-9 no centro do debate, nun contexto marcado polo incremento xeneralizado do custo da vida e do transporte.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.