Seis detidos nun novo operativo antidroga con 14 rexistros en Galicia

17 Decembro 2025

Realizáronse ata 14 rexistros en concellos dos partidos xudiciais de Cambados, Vilagarcía, Pontevedra, Redondela e Cangas.

TVG

Seis persoas foron detidas nas últimas horas, unha delas en Francia, nun novo operativo policial contra o tráfico de drogas que incluíu ata 14 rexistros en diferentes localidades galegas.

Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na mañá deste mércores realizáronse arredor de catorce rexistros en municipios pertencentes aos partidos xudiciais de Vilagarcía de Arousa, Cambados, Redondela, Pontevedra e Cangas.

A investigación está a ser instruída polo Xulgado de Instrución número 3 de Cambados e saíu á luz tras o amplo despregamento policial rexistrado nas primeiras horas do día no centro urbano de Vilanova de Arousa.

Os cinco detidos en España, entre os que se atopa un membro do coñecido clan dos Piturros, pasarán previsiblemente á disposición xudicial o vindeiro venres, 19 de decembro, pola mañá. Polo momento, a causa continúa baixo segredo e non se descartan novas actuacións no marco desta investigación

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.