Ribeira lanza unha nova edición dos concursos de embelecemento de Nadal para vivendas, comercios e hostalaría

01 Decembro 2025

O Concello de Ribeira premia a creatividade da cidadanía cos concursos de embelecemento de Nadal

O Concello de Ribeira vén de convocar unha nova edición dos concursos de embelecemento de Nadal, que este ano manterán as tres modalidades habituais: decoración de fachadas, balcóns e xardíns; decoración de comercios e escaparates; e ornamentación de locais hostaleiros.

O obxectivo desta iniciativa é reforzar o ambiente festivo nas rúas do municipio e impulsar a participación cidadá e empresarial nestas datas, favorecendo ao mesmo tempo a dinamización do comercio de proximidade. O Concello anima así á veciñanza a engalanar o exterior das súas vivendas e convida a hostalería e ao comercio a sumarse coas decoracións dos seus establecementos.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, explicou que estes concursos pretenden “involucrar de xeito activo aos nosos veciños para engalanar o exterior das súas casas, complementando a decoración luminosa municipal”. Pola súa banda, a edil de Promoción Económica, Carmen Pérez, destacou “a importancia de contar coa implicación da hostalería e do comercio, tanto do centro urbano como do rural, para contribuír ao espírito propio destas datas”.

Premios por categorías

Na modalidade de decoración de fachadas, balcóns e xardíns, entregaranse nove premios, un por cada parroquia, consistentes en cestas con produtos de Nadal valoradas en 200 euros.

Para as categorías de comercios e escaparates e de locais hostaleiros establécense catro premios, dous por modalidade:

  • Primeiros premios: cestas por valor de 250 euros.
  • Segundos premios: cestas por valor de 160 euros.

As decoracións deberán permanecer expostas desde o 17 de decembro de 2025 ata o 6 de xaneiro de 2026, ambas datas incluídas.

Inscricións abertas ata o 17 de decembro

As persoas ou establecementos interesados poden inscribirse ata o 17 de decembro, enviando a ficha de participación e un máximo de tres fotografías das decoracións.

O ditame do xurado darase a coñecer na última semana de decembro.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.