Ribeira, entre os portos máis afectados polos recortes de TAC e cotas para 2026

16 Decembro 2025

A Xunta analiza en Ribeira o impacto dos recortes de TAC e cotas para 2026 nun dos portos máis afectados de Galicia

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe a lonxa de Ribeira, onde mantivo un encontro con representantes do sector pesqueiro galego para analizar o impacto do acordo europeo de TAC e cotas para 2026, con especial atención á afectación neste porto, un dos máis expostos polos recortes aprobados en Bruxelas.

Durante a visita, Villaverde puxo en valor a relevancia da lonxa de Ribeira no conxunto do sector pesqueiro galego, destacando que é líder en Galicia nas descargas de lirio, unha especie que conta cunha marca colectiva propia, Lirio de Ribeira, impulsada pola Cooperativa do Mar Santa Uxía de Ribeira (OPP 83). Máis da metade da facturación que xera esta especie nas lonxas galegas, cifrada en 19,6 millóns de euros, corresponde á rula ribeirense, cun volume de negocio de 10,2 millóns de euros.

Esta importancia esténdese tamén á xarda, outra das especies con maior volume de descargas e valor comercial tanto na lonxa de Ribeira como no conxunto do sistema portuario galego. No presente exercicio, as vendas desta especie na comunidade superaron os 7,6 millóns de euros, dos cales 1,6 millóns corresponderon a este municipio coruñés.

A conselleira advertiu de que os recortes aprobados para estas pesqueiras supoñen un impacto directo sobre a actividade económica, o emprego e a viabilidade das empresas nun porto fortemente especializado nestas especies, cualificando as posibilidades de pesca para 2026 de “inasumibles e gravemente prexudiciais”.

Neste sentido, subliñou a preocupación da Xunta ante un acordo que, ao seu xuízo, non incorporou a necesaria dimensión socioeconómica. Villaverde lembrou tamén o papel activo do Goberno galego durante o proceso negociador, coa achega de informes detallados sobre o impacto socioeconómico dos recortes, nos que se advertía das consecuencias negativas para a frota galega e para o conxunto da cadea mar-industria, informes que, segundo lamentou, non foron tidos en conta pola Comisión Europea.

Ademais, criticou que o Ministerio centrase os seus esforzos en mellorar a situación do Mediterráneo, sen defender coa mesma intensidade os intereses da frota do Atlántico.

A responsable autonómica reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de traballar da man do sector para estudar e artellar medidas que permitan mitigar o impacto destes recortes, defendendo unha xestión dos recursos que combine a sustentabilidade ambiental coa viabilidade económica e social dunha actividade estratéxica para Galicia e para portos clave como o de Ribeira.

Neste marco, anunciou a celebración do vindeiro venres dun Consello Galego de Pesca, no que se analizará en profundidade o acordo de TAC e cotas e as súas implicacións para o conxunto da comunidade autónoma.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.