Rianxo volve contar coa árbore natural de Nadal máis alta de España

09 Decembro 2025

O Concello de Rianxo celebrou cunha gran festa, o pasado sábado 6 de decembro, o acendido das luces de Nadal. Houbo diversión para os máis pequenos e pequenas da casa, moita música e unha visita moi especial: a visita de Papá Noel no Pazo de Martelo a partir das 20.30 horas. As celebracións concentráronse no Auditorio Municipal, debido ao mal tempo e ao temporal (inicialmente estaban previstas para a céntrica praza de Castelao). A axenda incluíu un espectáculo infantil (Rogelio, un pallaso en recuperación, ás 17:30 horas) e un concerto de Cherry Sweet. Logo da visita de Papá Noel levouse a cabo o acendido das luces cunha conta atrás na Casa Consistorial.

As celebración contaron coa presenza do alcalde, Julián Bustelo, e das e dos integrantes da Corporación rianxeira, acompañadas/os do rexedor padronés, Anxo Arca.

Julián Bustelo destacou que o Nadal en Rianxo conta dende esta finde coa árbore natural máis alta de España. Está situado na parroquia de Asados, preto da igrexa, e trátase dun abeto de 30 metros de altura.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.