
A axenda de Nadal de Outes (organizada polo Concello) xa comezou este venres 5 de decembro na praza do Bosque da man de Troula na Barquiña, ás 19.30 horas, incluíndo un concerto de panxoliñas e máis o prendido das luces de Nadal.
Este sábado 6 de decembro a Casa da Cultura acolle o espectáculo para a rapazada Canto Conto! de Limiar Teatro (ciclo Outes á escena), ás 19.00 horas. O sábado 6 tamén actúa a agrupación B’Kings achegando un concerto na praza do Bosque ás 23.30 horas.
O 8 de decembro a praza do Bosque acolle un obradoiro de pastas de Nadal, en dúas quendas: infantil ás 11.00 horas e adultos ás 17.00 horas.
Os días 13 e 14 de decembro a praza do Bosque albergará unha nova actividade: a Feira do Nadal, en horario de mañá e de tarde. O día 13 ás 17.00 horas está programada a recepción de Papá Noel.
O 13 de decembro a compañía Xampatito Pato representará a peza Compaña, ás 19h na Casa da Cultura (ciclo Outes a escena).
O 19 de decembro a praza do Bosque será o escenario dun festival da Escola de Baile e Música Tradicional de Outes, a partir das 19.30 horas.
O 20 de decembro actuará Rokolas en concerto, ás 23.30 horas na praza do Bosque.
O 21 de decembro a praza do Bosque acollerá dúas citas: unha exaltación de produtos (ás 12h) da ría e un concerto de música tradicional ás 18h.
O 21 de decembro haberá teatro na Casa da Cultura ás 19h a cargo de Tequerreté Teatro, que representará a peza Sons (ciclo Outes á escena).
O 27 de decembro a Casa da Cultura de Outes acollerá un concerto da Banda de Música Municipal de Outes e a Coral Francisco Añón (concerto benéfico, a partir das 20.00 horas.
O 28 de decembro proxectarase o documental Riba da Fonte de Alberto Sacido Romero na Casa da Cultura ás 19h.
O 5 de xaneiro celebrarase no Pavillón da Serra a recepción e cabalgata dos Reis Magos, a partir das 17.30 horas.
A maiores o Concello (Servizo de Normalización Lingüística) celebrará o Concurso de Decoración Nadal en Outes, con dúas categorías: unha para particulares e outra para establecementos comerciais e outras entidades. Poderán participar todos os locais comerciais e persoas a título particular que o desexen, con prazo de inscrición aberto até o 5 de decembro.
O Concello tamén impulsou o Concurso de Postais Nadal en Outes, no que poderá participar calquera persoa menor de idade e cuxo prazo estará aberto até o 22 de decembro. Máis datos en outes.gal.




