As dotacións de garda do Parque de Bombeiros de Ribeira (Consorcio Provincial) e do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM de Ribeira) foron mobilizados este domingo 14 de decembro polo CIAE 112 para intervir nun incendio urbano na cociña dunha vivenda da rúa Alcalde Fernández Bermúdez, en Santa Uxía. No dispositivo, no que participaron tamén axentes da Policía Local e da Policía Nacional, resolveuse coa pronta extinción e o arrefriado do lume e a ventilación do inmóbel. Segundo as informacións achegadas, todo apunta a que lume tivo a súa orixe nunha tixola e na propagación das lapas á campá extractora, o que xerou unha densa fumareda. Non se rexistraron danos persoais, pero si materiais.




