O sábado celébrase en Rianxo o XX Festival de Corais de Arousa e Ulla

10 Decembro 2025

O Auditorio de Rianxo acolle o vindeiro sábado 13 de decembro o XX Festival de Corais de Arousa e Ulla, co foco posto na música galega tradicional destas festas sinaladas: as panxoliñas.

Participarán a Coral Polifónica de Bugallido, a Coral da Terceira Idade de Vedra e a Coral Polifónica Abraira de Asados.

O festival, que ten entrada de balde, dará comezo ás 19.30 horas.

Presenta Tamara García Muñiz.

Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo de 02 por persoa).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.