O PP da Coruña rende homenaxe aos seus alcaldes e alcaldesas retirados tras unha longa traxectoria municipal

21 Decembro 2025

Jesús Alonso, a título póstumo, Isaac Maceiras, Teresa Villaverde e Santos Maneiro foron os distinguidos

PP A Coruña

A Xunta Directiva do Partido Popular da provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, celebrou hoxe un acto de recoñecemento e homenaxe aos alcaldes e alcaldesas da formación que, tras unha dilatada traxectoria á fronte dos seus concellos, xa se atopan retirados da vida política activa. Dous dos homenaxeados recibiron este recoñecemento a título póstumo.

O encontro, marcado pola emoción e o agradecemento, contou coa participación do secretario xeral do PP, Miguel Tellado; da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; e do secretario xeral do partido na provincia, Evaristo Ben. Durante o acto, Diego Calvo puxo en valor a achega decisiva de todas as persoas homenaxeadas ao municipalismo e ao fortalecemento do proxecto do Partido Popular na provincia da Coruña.

“Grazas de corazón a todos eles polos anos de traballo, esforzo e dedicación ao servizo público. O seu compromiso co partido e cos seus veciños foi exemplar, exercendo sempre unha política próxima, responsable e centrada en mellorar a calidade de vida dos seus municipios”, subliñou Calvo.

Desde María Teresa Villaverde e José Luis Pérez Añón, os últimos en abandonar a primeira liña política, ata os xa falecidos José Blanco Pazos ou Jesús Alonso Fernández, todos eles representaron, segundo o presidente provincial, os valores fundamentais do Partido Popular. “Son exemplo de vocación de servizo, honestidade, proximidade e defensa do interese xeral. O seu labor diario, moitas veces silencioso, contribuíu de maneira decisiva ao progreso social, económico e humano dos seus concellos, deixando unha pegada fonda en cada localidade”, afirmou.

Diego Calvo destacou tamén a lealdade destes alcaldes e alcaldesas ao proxecto político do Partido Popular, así como a súa capacidade para antepoñer sempre as necesidades dos veciños a calquera interese persoal. Neste sentido, asegurou que a súa experiencia e exemplo “continúan sendo unha referencia imprescindible para quen hoxe asumen responsabilidades públicas e para as novas xeracións de cargos e afiliados”.

Con esta homenaxe, a dirección provincial do PP quixo non só recoñecer traxectorias políticas destacadas, senón tamén agradecer unha forma de entender a política baseada no compromiso, a proximidade e a responsabilidade, valores que, segundo indicaron, seguen plenamente vixentes e forman parte da identidade do partido na provincia da Coruña.

A mirada posta no futuro

Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, animou aos cargos municipais do partido a continuar traballando coa vista posta nas eleccións municipais de 2027, así como nas futuras citas xerais e autonómicas, co obxectivo de acadar “resultados históricos”. Prado apelou á unidade interna do partido e destacou que esta cohesión o diferencia doutras formacións políticas.

Alcaldes e alcaldesas homenaxeados

Foron recoñecidos María Teresa Villaverde (Lousame, 2012-2025), José Luis Pérez Añón (Laxe, 2019-2024), Ignacio Codesido Barreiro (Touro, 2003-2019), Ana Rodríguez Montero (Cerdido, 2006-2015), José Manuel Santos Maneiro (Mazaricos, 1995-2015), Juan Juncal (Ferrol, 2003-2007), Isaac Maceiras Rivas (A Pobra do Caramiñal, 1999-2015), Juan José Rey Maceira (Negreira, 2013-2015), Antonio Pérez Insúa (Noia, 2003-2007), Eugenio Neira García (Oroso, 1995-2007), así como, a título póstumo, José Blanco Pazos (Negreira, 1995-2007) e Jesús Alonso Fernández (Boiro, 1995-2003)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...