O papa León XIV pide paz para Israel e Palestina e chama ao diálogo para poñer fin á guerra en Ucraína

25 Decembro 2025

O papa León XIV aproveitou a súa primeira mensaxe de Nadal para reclamar paz en Oriente Próximo e diálogo para acabar coa guerra en Ucraína. A situación humanitaria en Gaza centrou boa parte da súa intervención, previa á bendición Urbi et Orbi, ao lembrar o sufrimento da poboación civil. “Como non pensar nas tendas de Gaza expostas ás choivas, ao vento e ao frío?”, preguntouse durante a homilía.

O pontífice felicitou o Nadal en dez idiomas desde o balcón central da basílica de San Pedro, ante miles de fieis congregados na praza a pesar da choiva. Antes, presidiu a misa celebrada no interior do templo, que volveu acoller esta liturxia tras máis de 30 anos.

TVG

Na súa mensaxe, León XIV pediu “xustiza, paz e estabilidade para o Líbano, Palestina, Israel e Siria” e reclamou “o valor para dialogar de maneira sincera, directa e respectuosa” como única vía para poñer fin ao conflito en Ucraína. O Papa apelou á responsabilidade individual e colectiva para rexeitar o odio, a violencia e a confrontación, e promover a paz e a reconciliación.

O pontífice quixo enviar un saúdo especial aos cristiáns de Oriente Próximo, lembrando a súa recente viaxe ao Líbano, e recoñeceu os temores e a sensación de impotencia que viven ante dinámicas de poder que os superan. Tamén lembrou o sufrimento dos desprazados, refuxiados e persoas sen fogar en todo o mundo.

Na súa primeira misa do galo como papa, León XIV evocou as figuras de Bieito XVI e do papa Francisco, ao afirmar que “non hai espazo para Deus se non hai espazo para o home”. O pontífice subliñou a necesidade de levar esperanza “alí onde se perdeu” e convidou a contemplar o Nadal como a luz que disipa as tebras da historia humana.

Durante a homilía, denunciou unha economía “distorsionada” que trata as persoas como mercadoría e advertiu da tentación de dominar o próximo. Fronte a iso, destacou que Deus “faise semellante a nós” para revelar a dignidade infinita de cada persoa.

A misa de Noiteboa concluíu coa tradicional procesión ata o altar maior e a solemne adoración do Neno Xesús, nunha celebración marcada polas mensaxes de paz, solidariedade e esperanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.