O escritor Fran Fernández Davila gaña o XXXV Premio Literario Camilo José Cela de narrativa

10 Decembro 2025

O escritor Fran Fernández Davila resultou gañador do XXXV Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, convocado polo Concello de Padrón, coa obra titulada A lingua dos ósos. O xurado destacou “a complexidade temática do relativo, o estilo pulido e a combinación dunha voz que combina a crudeza dunha realidade afastada pero universal, con acenos líricos ben acaídos e que reflicten o cambio de paradigma do momento que vivimos a nivel socio-político”.

O fallo fíxose público este martes 9 de decembro no salón de plenos da Casa Consistorial, nunha sesión presidida polo alcalde e responsable da área de Cultura, Anxo Arca. O xurado estivo formado por Carlos Arias, escritor e gañador da XI edición do certame; Beatriz Vázquez, licenciada en Filoloxía Inglesa; Esteban Folgar, profesor de Lingua e Literatura; Covadonga Rodríguez del Corral, coordinadora de actividades culturais da Fundación Pública Galega Camilo José Cela; e Inés Mosquera, mestra de Educación Primaria. Como secretaria actuou Mª Cruz Taboada, funcionaria do Concello de Padrón.

Nesta XXXV edición presentáronse 168 relatos, avaliados de acordo coas bases do concurso. Tras as deliberacións, procedeuse á apertura do sobre identificativo correspondente ao traballo número 105, que resultou ser da autoría de Fran Fernández Davila, con enderezo en Panxón, Nigrán.

O Concello de Padrón felicita o autor pola calidade da obra galardoada e agradece a alta participación nun certame plenamente consolidado, que rende homenaxe ao legado literario de Camilo José Cela e á súa estreita vinculación co municipio. O galardón está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa.

Tras coñecer o fallo, o gañador asegurou sentirse “inmensamente feliz e agradecido” por recibir o XXXV Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa. “É un verdadeiro honor inscribir o meu nome na historia dun certame tan prestixioso. Quero dar as grazas, en primeiro lugar, ao Concello de Padrón polo seu compromiso inquebrantable coa cultura e por manter vivo este premio ano tras ano. Do mesmo xeito, agradezo sinceramente aos membros do xurado a súa lectura atenta e a súa valoración do meu traballo”, afirmou.

O autor, vigués de nacemento e enxeñeiro industrial de profesión, pero cunha sólida e premiada traxectoria literaria, explicou que A lingua dos ósos ten “un significado dobre e moi especial”. “Este relato nace directamente dunha experiencia vital persoal, xa que compartín moitas horas do meu traballo con compañeiros e compañeiros serbios. Foi un período que acaba de rematar e que me marcou profundamente e me fixo collerlle un cariño inmenso a esa terra e á súa xente. Por iso sentín a necesidade de escribir sobre a súa realidade, con menos diferenzas e moitas máis similitudes das que nos poida parecer nun principio”, detallou.

Fernández Davila, que suma máis de corenta galardóns en narrativa e poesía, destacou que este premio supón “un impulso marabilloso para seguir escribindo sobre eses lugares de encontro” descubertos ao longo da súa vida profesional fóra de Galicia.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.