O Concello da Pobra e CONGALSA sortearán unha viaxe a Eurodisney entre a clientela do comercio local

22 Decembro 2025

A Concellería de Promoción Económica da Pobra e a empresa local CONGALSA volverán levar a catro persoas a Eurodisney. Trátase dunha iniciativa que leva en marcha desde hai xa varios anos e que esta vez volve cunha novidade: a diferenza do ano pasado, cando o sorteo foi realizado entre as persoas participantes nas redes sociais, agora contarase coa implicación do comercio local. Así, o galardón rifarase entre a clientela que conte no seu Pasaporte Eurodisney con dez selos dos negocios adheridos á campaña de Promoción Económica.

A concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, e a responsábel de Relacións Institucionais de CONGALSA, Isabel Cañas, deron a coñecer, esta mañá, os detalles da proposta.

Entre o luns, 29 de decembro, e o luns, 5 de xaneiro (incluído), os clientes que fagan as súas compras nos locais adheridos na campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas recibirán un pasaporte de participación. Para entrar no sorteo deberán cubrir os dez ocos deste pasaporte, recibindo un selo por un consumo mínimo de 10 euros. Unha vez selados e cubertos (co nome completo e teléfono de contacto da persoa participante), os pasaportes terán que depositarse nas urnas dos establecementos adheridos. En canto ao sorteo, este realizarase o mércores, día 7, na praza de abastos.

Durante a súa intervención, Cerecedo apuntou que esta actividade busca “continuar impulsando as compras nos comercios locais durante as festas do Nadal” e agradeceu a colaboración de CONGALSA, que asume o financiamento.

A persoa que resulte gañadora poderá gozar dunha viaxe a media pensión a Disneyland París para catro persoas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...