O Concello de Ribeira instalará fibra óptica no lugar de Cobas, en Castiñeiras

12 Decembro 2025

O concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías de Ribeira, Álex Vidal, mantivo unha reunión con veciñanza do lugar de Cobas, na parroquia de Castiñeiras, para informar de que se instalará fibra óptica na zona en vindeiras datas; “unha medida que beneficiará a preto dunha vintena de vivendas”, dixo, engadindo que “estamos ante unha demanda veciñal que levaba pendente máis de dous anos sen ter resposta”.

Sinalou tamén que “somos conscientes de que, nun mundo cada vez máis dixitalizado, é necesario ter unha boa conexión a Internet para o día a día e, como administración pública, temos o deber de garantir estes servizos á cidadanía, xa que, incluso, moita tramitación se ten que facer por vía telemática. A dotación para Cobas xa foi aprobada en Xunta de Goberno e incorporarase na planificación de obra coa pretensión de que se acometa en pouco tempo”, explicou o edil.

Adiantou ademais que a Concellería de Innovación e Novas Tecnoloxías ten marcada unha folla de ruta para que a fibra óptica chegue a máis espazos do municipio, tanto da cidade como das parroquias.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.