O Concello de Ribeira inicia a fase formativa da terceira edición do Programa Integrado de Emprego

21 Decembro 2025

O Concello de Ribeira deu comezo á fase de impartición da terceira edición do seu Programa Integrado de Emprego, unha iniciativa subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), orientada á mellora da empregabilidade das persoas desempregadas da comarca.

Nesta edición participan cen persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son. O programa conta cun compromiso de inserción laboral do 45%, consolidándose como unha ferramenta clave para facilitar o acceso ao mercado laboral.

A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Carmen Pérez, visitou o Viveiro de Empresas para comprobar de primeira man o desenvolvemento das sesións formativas. Segundo sinalou, “trátase dunha medida cun compromiso de inserción laboral do 45%. A través da formación buscamos capacitar a unha parte da cidadanía para a súa incorporación ao mundo laboral en nichos de mercado con necesidade de traballadores. É un instrumento que mellora a empregabilidade non só das persoas do noso municipio, senón tamén doutros concellos da nosa contorna máis próxima”.

Público beneficiario

O Programa Integrado de Emprego está dirixido a un amplo abano de persoas desempregadas, incluíndo persoas con discapacidade, mulleres desempregadas, persoas desempregadas de longa duración, inmigrantes, persoas en risco de exclusión social, beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia, mulleres vítimas de violencia de xénero, maiores de 52 anos, menores de 30 anos, así como perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI). Todas elas deben estar inscritas como demandantes de emprego.

As persoas participantes reciben unha axuda económica de 10 euros por día de asistencia ás accións presenciais. No caso da modalidade en liña, o número de días con dereito a bolsa calcúlase dividindo o total de horas de formación entre cinco. Ademais, o Concello ofrece medidas de conciliación adaptadas ás necesidades das persoas participantes.

Formación orientada ao emprego

Ao longo de doce meses, o programa combina accións de orientación, formación e intermediación laboral mediante unha metodoloxía práctica que integra contidos teóricos e dinámicas de grupo. Faise especial fincapé no uso das novas tecnoloxías, na mellora das habilidades para a busca de emprego e no manexo de ferramentas dixitais como portais de emprego, aplicacións móbiles e redes sociais profesionais.

A oferta formativa inclúe cursos en ámbitos con alta demanda laboral, como técnicas de mobilización de enfermos, fundamentos básicos de cociña, acompañamento en transporte escolar, operacións básicas de caixa, ofimática, técnicas administrativas, organización de almacén, manexo de carretillas elevadoras, mantemento de zonas verdes, seguridade e hixiene na industria alimentaria ou cociña colectiva, entre outros.

Un dos piares do programa son as prácticas profesionais non laborais, realizadas grazas á mediación das orientadoras laborais co tecido empresarial da contorna. Estas prácticas permiten ás empresas coñecer perfís profesionais adaptados ás súas necesidades e ás persoas participantes darse a coñecer de cara a futuras contratacións.

De maneira complementaria, desenvolveranse accións individuais como sesións de asesoramento e acompañamento laboral, obradoiros de coaching para a busca de emprego, comunicación e habilidades sociais, elaboración do currículo, preparación de entrevistas, prospección laboral e prácticas en empresas colaboradoras.

O programa tamén inclúe formación transversal en informática, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, coaching emocional, técnicas de busca de emprego e fomento da capacidade emprendedora.

O Programa Integrado de Emprego 2025-2026 está promovido polo Concello de Ribeira e conta co apoio económico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.