O Concello de Porto do Son compartiu un palmarés da cuarta edición do seu Concurso de Nadal de Iluminación e Decoración Exterior de Vivendas, convocado para dinamizar a vila sonense e as parroquias durante estas festas sinaladas. Tralas deliberacións do xurado, a clasificación final quedou deste xeito:
José Suárez Rodríguez, Novás · San Pedro
Premio: Lote de Nadal valorado en 150 euros
Jennifer Bazarra Outeiral, Abuín · Baroña
Lote de Nadal valorado en 100 euros
José Manuel Santamaría Castro, A Coviña · Xuño
Lote de Nadal valorado en 50 euros.
Dende o Concello salientaron a gran calidade das candidaturas do concurso, que contribuíron a facer de Porto do Son un sitio aínda máis fermoso para vivir o Nadal.




