O Concello de Boiro rende homenaxe aos seus deportistas máis destacados na Gala do Deporte

20 Decembro 2025

O Concello de Boiro homenaxeou aos seus deportistas máis destacados nas distintas modalidades deportivas que se practican no municipio. O acto estivo conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e contou coa participación do alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Fíxose entrega de máis de 100 distintivos divididos en dúas categorías: individuais e equipos. En canto aos individuais galardóanse a aqueles deportistas que acadaron un podio en campionatos galegos, ata un 6º posto en campionatos de España, ata un 10º posto en campionatos europeos e ata un 20º posto en campionatos do mundo. Nesta clasificación atópanse deportistas do Club de Natación Boiro, do Club de Taekwondo Malamía, do Costado Boiro, Piragüismo Rías Baixas, Club de Remo Cabo de Cruz, e tamén deportistas individuais que destacan nas súas modalidades como os piraguistas Diego Romero e Diego Miguéns, o culturista Sebastian Lago, Nolo Romero, Alexis Miguéns ou Jorge Candán.

En canto aos premios a clubs valorase ter conseguido un ascenso de categoría, resultar gañador na correspondente competición ou ter acadado como mínimo un terceiro posto nun Campionato Galego ou un 6º nun campionato de España.

Foron galardoados nesta categoría o Abanqueiro SD, o Boiro Voleibol, o CD Boiro, o Club de Natación Boiro, Club de Patinaxe Boiro, Piragüismo Rías Baixas, Costado Taekwondo, EFM Concello de Boiro, Barbanza Pitch and Putt, Club Deportivo Malamía e o Club de Remo Cabo de Cruz.

O alcalde, José Ramón Romero, foi o encargado de pechar o acto agradecendo o compromiso e dedicación dos deportistas e clubs que levan o nome de Boiro por boa parte do mundo: “entregamos hoxe máis de 100 recoñecementos, un dato que reafirma o altísimo nivel deportivo que temos en Boiro nas diversas modalidades deportivas e categorías”.

O acto contou cunha mención honorífica, que nesta ocasión se lle deu a Víctor Costado, do Costado Taekwondo, pola súa traxectoria deportiva ao fronte do club e a súa aposta polo deporte.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.