O Concello de Boiro celebra este domingo a XX edición da carreira popular Mar de Boiro

04 Decembro 2025

O Concello de Boiro celebra este domingo día 7 de decembro a XX carreira popular Mar de Boiro. 18º memorial a Pepe Buceta. O tenente de alcalde, Luis Ruiz, presentou a proba deportiva xunto co técnico de Deportes, Manuel González.

Coma noutras edicións a proba forma parte do VIII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do XI Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña; ademais de estar incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. “Dende o Goberno local consideramos o deporte como parte fundamental na vida dos nosos veciños e por iso seguimos apostando por propostas como esta carreira popular”, afirmou o tenente de alcalde.

A XX carreira popular consta de tres percorridos: un para as carreiras mini e supemini, de 200 metros e para idades comprendidas ata os 7 anos e que sairán ás 10.40h da rúa peonil; a categoría de escolares, de 2.500 metros que sairá ás 11.05 horas da rúa Principal; e a carreira de 10.000 metros para as categorías xerais que sairá da rúa Principal ás 11.00 horas.

O percorrido da carreira longa será o mesmo que en pasadas edicións e sairá da rúa Principal ata enlazar coa av. de Compostela dirección Praia Xardín, o paseo marítimo de Barraña ata o Saltiño e chegará ata Mañóns para regresar a Boiro, onde estará a liña de meta na rúa peonil.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e tamén para os tres gañadores absolutos, tanto masculino como feminino; e tamén para os tres primeiros corredores e tres primeiras corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e clasificación de Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade.

Dende o departamento de deportes destacaron, por un lado a figura de Pepe Buceta “que foi un compañeiro e pioneiro do atletismo en Boiro polo gran ímpetu que tiña en saír a correr día a día” e agradeceron tamén a implicación dos clubs deportivos da localidade no dispositivo de emerxencia.

Hai xa preto de 700 persoas inscritas para a proba do domingo e as inscricións están abertas ata as 23.59 horas deste xoves na web de emesports.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.