O campamento Outes Concilia despide o ano colaborando na renaturalización do río Tins

26 Decembro 2025

As nenas e nenos participantes no campamento Tempo de Nadal 2025-26, incluído no programa Outes Concilia, despediron o ano cunha actividade de educación ambiental ao contribuír ao proxecto de renaturalización do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes (ReNatur_Outes).

A xornada tivo lugar o venres 26 e estivo guiada polas monitoras do campamento e por técnicas da Fundación Montescola. Durante a actividade, as crianzas plantaron carballos na beira do río e construíron un hibernáculo de réptiles, unha infraestrutura pensada para ofrecer refuxio ás poboacións presentes no ecosistema fluvial do Tins.

Ao longo da mañá, as participantes tamén aprenderon a identificar diferentes especies de réptiles e insectos da zona, como escarabellos, mediante a visita a un dos refuxios de insectos instalados nas proximidades do río. Ademais, colaboraron na localización e eliminación dunha das manchas de Tradescantia fluminensis, unha especie exótica invasora presente na contorna fluvial, contribuíndo así ás accións de restauración dos hábitats de ribeira.

O proxecto ReNatur_Outes, liderado polo Concello de Outes, conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, da Fundación Montescola e do Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia–Norte de Portugal (CEER). A iniciativa recibe tamén o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.

Entre os principais eixos do proxecto atópanse a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras —como distintas variedades de acacia (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), Tradescantia fluminensis ou plantas do xénero Crocosmia—, a limpeza de residuos na contorna fluvial e a sensibilización ambiental da cidadanía.

Estas accións complétanse con actividades de voluntariado, formativas e divulgativas, así como con sesións de gobernanza cidadá, co obxectivo de fomentar a participación activa da veciñanza de Outes e xerar un compromiso social duradeiro coa conservación da biodiversidade máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.