O BNG impulsa novas accións para rematar coa discriminación laboral do persoal de limpeza do Hospital do Barbanza

17 Decembro 2025

O grupo parlamentario do BNG acolleu o pasado xoves unha reunión co persoal de limpeza do Hospital do Barbanza co obxectivo de buscar iniciativas que poñan fin á discriminación laboral e salarial que padece o colectivo. A agrupación explicou que o encontro celebrouse “trala solicitude formal das traballadoras, motivada pola falta de resposta da Consellería de Sanidade e da Dirección Xeral do SERGAS aos numerosos escritos remitidos polo colectivo”. Isto obrigou á CIG a dirixirse ós grupos políticos con representación no Parlamento galego para poñer fin á invisibilización á que somete este colectivo o SERGAS. Segundo denuncian, “esta ausencia de contestación evidencia a falta de compromiso da Administración para avanzar na equiparación total das condicións laborais, salariais e sociais co persoal de limpeza doutros hospitais do SERGAS”.

Á reunión asistiron as deputadas e deputado nacionalistas Rosana Pérez, Iria Carreira e Óscar Ínsua, que se comprometeron a trasladar esta situación á Comisión de Sanidade do Parlamento galego mediante unha serie de preguntas co fin de esixir solucións inmediatas e explicacións á Consellería de Sanidade. O BNG reiterou o seu apoio ao persoal e denunciou “a impasividade da Consellería de Sanidade ante unha situación tan grave que afecta a un servizo esencial para o funcionamento do hospital”.

Os nacionalistas esixen á xerencia do Hospital do Barbanza que “rectifique a súa actitude” e “abra un proceso de diálogo co persoal e así poder garantir condicións laborais dignas e equiparábeis ás do resto da área sanitaria”.

O persoal de limpeza leva mobilizándose desde o pasado mes de novembro para reclamar a equiparación das súas condicións laborais coas do persoal de limpeza dos hospitais de referencia. O BNG explica que “esta problemática esténdese aos centros hospitalarios de Ribeira, Vilagarcía e Cee, onde se lles aplica o respectivo convenio provincial de limpeza e non se lles recoñece a equiparación co grupo E do SERGAS; Desta maneira, a situación tradúcese en condicións inferiores en materia retributiva, de complementos salariais, permisos, descansos e xornada laboral”.

A asemblea de persoal anunciou que continuará mobilizándose ata “que a Dirección Xeral do SERGAS convoque unha reunión” e abra unha mesa de negociación real que dea resposta ás súas demandas. As mobilizacións produciranse diante dos centros hospitalarios os días 17, 22, 23, 29 e 30 de decembro, con paros de dúas horas por quenda. Ademais, anuncian paros indefinidos a xornada completa a partir do 7 de xaneiro de 2026.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...