O BNG de Outes di que o Goberno de Fran Calo “recorta en obras e mantemento para pagar desfases noutras áreas”

23 Decembro 2025
Gráfica feita polo BNG sobre o estado de contas do actual Concello

O Bloque Nacionalista Galego de Outes emitiu un comunicado no que critica ao Goberno local do PP de Fran Calo por “recortar en obras e mantemento para pagar desfases noutras áreas como festas e deportes”. Engadiron que isto contrasta cos argumentos dos populares cando fixeron prosperar a moción censura, intre no que “avogaron por sacar dunha suposta cova a brigada de obras e agora resulta que recortaron, no último pleno ordinario, as partidas de obras para pagar os desfases en varias áreas: nomeadamente en arrendamentos de festas (carpas, maquinaria…) e deportes”, sinalou o BNG, criticando que “se modificase o orzamento, por desfasarse, pouco máis de medio ano despois de aprobalo”.

Critican que nas contas mantense unha previsión de incremento de ingresos que “non é realista” e “non vén respaldada por informes específicos, como no caso do ICIO, no que falta un informe da área de Urbanismo, tal e como destaca o informe de intervención”. O BNG di que o orzamento foi “sacado ás presas sen a documentación necesaria para sacar a foto, pero a última modificación de crédito que fixo o goberno encabezado por Fran Calo certifica que estamos diante duns novos orzamentos que son fume e que non garanten melloras nas políticas públicas do Concello de Outes”.

E engaden: “É evidente que de pouco vale aumentar sobre o papel as partidas de obras cando se aproba o orzamento cando, a finais deste mesmo ano, demostraron que non fixeron absolutamente nada nesta área xa que tiñan excedentes de 80.000 € que tiveron que mover para pagar os desfases de festas e deportes”.

Para o BNG, o Concello demostrou “unha gran incapacidade para afrontar os retos e darlle solución ás necesidades máis imperiosas de mantemento das infraestruturas e camiños municipais”.

Conclúen lembrando que o Concello “segue a pagar, a amortizar, unha débeda asumida coa Deputación durante o Goberno do Partido Popular no mandato 2015-19, a única débeda que ten o noso Concello”. Este ano, indican, “inclúese unha partida en pasivos financeiros para este fin de 124.739,22 € que serán restados do plan de obras e servizos do ano que vén”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.