O Auditorio de Ribeira acollerá o 13 de decembro a gran gala de Nadal de Cáritas, dirixida por Mimarte e co apoio do Concello

10 Decembro 2025

O novo Auditorio municipal de Ribeira dará cabida no sábado, 13 de decembro, á gala de Nadal a favor de Cáritas que levará a escena o alumnado de Mimarte. A apertura de portas comezará ás 19.30 horas para asistir a un evento onde non faltará a música e o humor. Na presentación da cita participaron a alcaldesa, María Sampedro; a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o presidente de Cáritas Ribeira, Manuel Mirás; o párroco de Ribeira, Alfonso Mera; e a artista Tania Fuegho, en representación de Mimarte.

Informaron que “este festival é unha cita xa consolidada no calendario ribeirense de Nadal que une cultura e solidariedade para contribuír ao desenvolvemento da actividade diaria da entidade sen ánimo de lucro dedicada á acción social e caritativa que axuda ás persoas en situación de vulnerabilidade”.

Durante a súa intervención, a rexedora referiuse ao “significado especial” desta gala que promove “esa familia que está sempre coa man tendida á hora de axudar, de programar, de educar incluso e sempre o fan dese xeito altruísta e desinteresado”. Así mesmo, a mandataria local quixo apelar á solidariedade da cidadanía e tamén tivo palabras de agradecemento para Mimarte pola súa pegada no mundo cultural.

Para o presidente local de Cáritas, Manuel Mirás, os obxectivos son “concienciar á cidadanía do traballo polos demais e explicar as actividades que levamos a cabo en formación, emprego e axudas cotiás, ademais de agradecer aos colaboradores, socios e doantes pola súa implicación”.

Como apuntou Mirás, o recadado irá para axudar a financiar proxectos e necesidades diarias de atención á poboación en situación vulnerábel.

En canto ao contido da gala, a artista Tania Fuegho sinalou que é o segundo ano que Mimarte se encarga da parte artística da cita, na que non faltará a música e o humor, polo que “creo que a maneira máis bonita de aportar á sociedade é dende a arte, dende a risa”.

Ademais, de convidados especiais non faltará a súa interpretación de Conto de Nadal de Charles Dickens, en versión futurista poñendo a mirada no ano 2100. Queren, desta maneira, apelar a “máis humanidade e menos humanoides”.

Adquisición de entradas

Os tíckets poden adquirirse a un prezo simbólico de 5 euros na sede de Cáritas Ribeira (praza de Porta do Sol, a carón da igrexa de Santa Uxía) ou no Espazo Mimarte (na avenida Rosalía de Castro, 54).

Ademais, para quen non poida asistir á gala, pero desexe igualmente aportar o seu gran de area á causa, habilítanse 200 tíckets na fila 0. Como xa é habitual, a gala incluirá un sorteo de tarxetas agasallo doadas polo comercio local; unha iniciativa que reforza a colaboración do tecido comercial coa acción social de Cáritas Diocesana na comarca do Barbanza. Neste sorteo tamén se terán en conta os tíckets da fila 0.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.