Pesar polo falecemento do reverendo don Ricardo Villaverde, párroco de Castiñeiras e Carreira

22 Decembro 2025

O reverendo don Ricardo Villaverde Gondar, párroco de O Bo Pastor de Castiñeiras e de San Paio de Carreira, faleceu este domingo 21 de decembro de 2025 aos 89 anos de idade, confortado cos Santos Sacramentos e a Bendición Apostólica.

Asociación Francisco Lorenzo Mariño

Don Ricardo desenvolveu unha ampla traxectoria pastoral ao servizo da Igrexa e das comunidades parroquiais que lle foron encomendadas, deixando unha fonda pegada entre os seus fregueses pola súa proximidade, dedicación e vocación de servizo. Ao longo dos anos foi unha figura moi querida e respectada, tanto no ámbito relixioso como humano. Profesor do Colexio Galaxia, foi coadxutor de Santa Uxía de Ribeira ata que en 1967 pasou a presidir a recén creada parroquia do Bo Pastor no que desenvolveu toda a súa vida pastoral.

O funeral de enterro celebrarase este martes 23, ás doce da mañá, na igrexa parroquial de O Bo Pastor de Castiñeiras, e estará presidido polo arcebispo, monseñor Francisco José Prieto. A continuación, os restos mortais recibirán sepultura no cemiterio parroquial de Ponte Ulla.

A capela ardente quedou instalada na igrexa parroquial de O Bo Pastor de Castiñeiras. Familiares, amizades e fieis pregán unha oración polo seu eterno descanso e agradecen as mostras de apoio e condolencias recibidas nestes momentos de dó.

O falecemento de don Ricardo Villaverde Gondar supón unha importante perda para a comunidade parroquial de Castiñeiras, Carreira e para todas aquelas persoas que compartiron con el o seu labor pastoral ao longo dos anos. D.E:P.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.