O alumnado do Programa Integrado de Emprego de Boiro, Rianxo e A Pobra recibe formación en peixaría

18 Decembro 2025

O alumnado participante no Programa Integrado de Emprego 2025/2026 dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra estase a formar en peixaría. O alcalde, José Ramón Romero, visitou ao alumnado no Centro de Formación, Innovación e Emprendemento de Espiñeira durante a formación.

O Programa Integrado de Emprego 2025/2026 está destinado a 100 persoas desempregadas da comarca que, durante 12 meses, están a recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona; así como xornadas destinadas á mellora das habilidades de empegabilidade e inserción laboral.

Este programa basease nunha metodoloxía innovadora onde as persoas usuarias son protagonistas da súa propia transición profesional con formación innovadora, emprego de tecnoloxías e plataformas dixitais, colaboración directa con empresas e adaptación do programa a necesidades locais e sectores da comarca.

O novo curso enfocouse cunha renovación case total das actividades formativas co obxectivo de adaptalas ás novas necesidades das empresas demandantes. Deste xeito, o programa implica formacións como acompañamento en transporte escolar, organización de almacén, operacións básicas de caixa, técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos, xestión de recepción, cociña, pastelería, peixería, charcutería… Ademais de formación adaptada ao manexo de novas tecnoloxías como por exemplo como manexar a suite ofimática Office, como crear páxinas web, como empregar a sinatura dixital, ou como tirar proveito da ferramenta ChatGPT e da intelixencia artificial.

Para levar a cabo este Programa Integrado de Emprego durante o curso 2025-2026, os concellos reciben unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por importe de 220.000,00 euros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.