Noia dá comezo ao Nadal cunha xornada chea de ilusión, sorpresas e participación veciñal

20 Decembro 2025

Noia deu inicio este venres á súa programación oficial de Nadal cunha xornada que fixo as delicias de pequenos e maiores, enchendo a vila de ilusión,
alegría e espírito festivo. A celebración comezou coa inauguración do primeiro Mercado de Nadal da vila, situado na praza do Tapal, que permaneceu ateigado de xente ata ben entrada a noite. Ao longo da xornada, os máis cativos puideron participar en distintos obradoiros infantís, mentres que a música foi unha das grandes protagonistas coa actuación da escola de música noiesa Sondela, que ofreceu un concerto de panxoliñas moi aplaudido polo público asistente.

Un dos momentos máis esperados chegou coa chegada de Papá Noel á praza para iniciar a tradicional recepción dos nenos e nenas na súa casa. Porén, a sorpresa estivo servida cando un malvado Grinch asaltou a súa carroza, roubándoa e paseándose pola vila, deixando aos máis pequenos —e tamén a moitos maiores— completamente estupefactos ante a inesperada aparición.

Tras unha tarde chea de emocións e desfeitas provocadas polo Grinch, a colaboración entre os elfos de Papá Noel e as forzas da Policía Local permitiu finalmente reducir ao personaxe, recuperar a carroza e devolverlle a Papá Noel o seu protagonismo, que puido continuar coa recepción das cartas cheas de ilusión dos máis pequenos.

A festa trasladouse despois á Alameda de Noia, que se converteu no centro da celebración cun novo concerto a cargo de Sondela. Alí, a veciñanza
puido gozar da música nun ambiente festivo, acompañada polos distintos postos de comida e pola carpa climatizada instalada polo Concello para maior comodidade do público. Cómpre lembrar que esta programación estaba prevista inicialmente para o xoves, mais tivo que ser adiada debido ás choivas, unha circunstancia que non impediu que a xornada deste venres 19 de decembro se convertera nun auténtico éxito de participación.

O concelleiro de Eventos, Abel Pan, destacou que “o éxito de hoxe amosa que Noia ten a ilusión e a vontade de celebrar un Nadal á altura da vila”.
Pola súa banda, o alcalde de Noia, Francisco Pérez, “agradeceu a todos os veciños e veciñas a ilusión que están a amosar, así como aos voluntarios e voluntarias que fixeron posíbel moitos dos éxitos vividos”.

Ademais destas actividades, Papá Noel visitou tamén aos nenos e nenas de varias parroquias do municipio, unha dinámica que continuará nos próximos días, sempre que o tempo o permita, co obxectivo de que ningunha parroquia de Noia quede sen a súa visita.

Con esta primeira xornada, Noia arrinca unha programación de Nadal marcada pola participación, a emoción e a alegría compartida, enchendo as rúas da vila dun ambiente festivo que promete continuar ao longo das vindeiras datas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.