Muros recoñece o talento e o compromiso do deporte local na súa gala anual

20 Decembro 2025

O Concello de Muros celebrou unha nova edición da súa Gala do Deporte, un acto no que se puxo en valor o talento, o esforzo e a traxectoria das deportistas, deportistas, clubs e persoas vencelladas ao ámbito deportivo local. A alcaldesa, María Lago, destacou durante o evento que o deporte é sinónimo de “saúde, igualdade de oportunidades e cohesión social”, subliñando ademais o papel fundamental do deporte de base e local “para fomentar o sentimento de pertenza e fortalecer a comunidade”.

Muros

Na categoría de deportista feminina, o recoñecemento foi para Alejandra Formoso, referente do atletismo, mentres que o galardón a deportista masculino recaeu en Víctor Ramos, tamén atleta, quen recibiu ademais o premio Especial Veciñanza, polo seu compromiso e vinculación co municipio.

O premio ao mellor club deportivo foi para o URME de Remo, pola súa traxectoria, traballo formativo e polos éxitos acadados. Na categoría de promesas deportivas, os galardóns recaeron en Eva Formoso (trail running) e Jesús García (trail running), destacando o seu proxección e futuro no deporte.

O recoñecemento ao mellor evento deportivo foi para o Trail Cova da Bruxa, unha proba xa consolidada no calendario deportivo local e comarcal, que combina deporte, natureza e promoción do territorio.

Durante a gala entregáronse tamén mencións especiais a Félix Rebollido, polo seu labor vencellado ao Trail Cova da Bruxa; a Ricardo Rodríguez, pola súa ampla traxectoria ligada ao fútbol en Muros; e a Juan Manuel París, fundador do Club de Remo Muros, polo seu papel clave no desenvolvemento deste deporte no municipio.

Así mesmo, o Concello concedeu un recoñecemento especial a Eva Val, remeira, como mostra de agradecemento pola súa dedicación, exemplo deportivo e representación de Muros no ámbito do remo.

A Gala do Deporte converteuse nunha xornada de celebración e orgullo colectivo, reafirmando a aposta do Concello de Muros polo deporte como ferramenta de benestar, igualdade e cohesión social.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.